Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Xunta somete a información pública a reformulación do proxecto de trazado do desdobramento da estrada PO-552 na recta de Figueiró, no concello de Tomiño

O DOG publica hoxe o trazado de adaptación dos camiños de servizo previstos no proxecto de conversión en autovía urbana de 2,1 quilómetros desta vía autonómica entre a glorieta de Goián e o acceso ao núcleo de Estás

O DOG publica hoxe o trazado de adaptación dos camiños de servizo previstos no proxecto de conversión en autovía urbana de 2,1 quilómetros desta vía autonómica entre a glorieta de Goián e o acceso ao núcleo de Estás

Etiquetas del contenido

Fecha: 29 de Junio de 2021

Fuente: Xunta de Galicia

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o anuncio polo que se somete a información pública a reformulación do proxecto de trazado do desdobramento da PO-552 na recta de Figueiró, no concello de Tomiño.
Trátase do novo proxecto de trazado de adaptación dos camiños de servizo previsto na reformulación do proxecto para converter nunha autovía urbana o treito de 2,1 quilómetros da actual estrada autonómica PO-552 entre a glorieta de Goián –na que remata o treito da Vía de Altas Prestacións entre Tui e A Guarda actualmente en servizo- e o acceso ao núcleo de Estás.
O DOG, simultaneamente ao novo trámite de información pública, recolle a efectos expropiatorios a relación de predios necesarios para executar o primeiro subtreito no que se dividiu o treito central da vía de altas prestacións, que suporá un investimento autonómico de preto de 12 millóns de euros. A execución da nova vía fai precisa a expropiación definitiva de 152 predios e a temporal de 64.

Antecedentes

Cómpre lembrar que durante a fase de información pública do referido proxecto, o Concello de Tomiño solicitou que os camiños de servizo da vía de altas prestacións previstos no documento se executasen máis lonxe do tronco da vía, coa finalidade de facilitar a mobilidade municipal. Deste xeito, os camiños de servizo deixan de ter unha función exclusiva de elementos funcionais da estrada para serviren tamén a mobilidade dos núcleos próximos.
Dado que o cambio solicitado foi aceptado e supón unha modificación da afección territorial, é necesario adaptar o documento redactado e sometelo a unha nova información pública. Todos os interesados nesta actuación poderán formular as súas achegas durante un período de 30 días hábiles, contados a partir de mañá. No seguinte enlace ao DOG pódese ampliar a información relativa a este anuncio: https://xurl.es/uebr0

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí