Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Abel Losada subliña a constante redución das cifras de criminalidade na Guarda

O subdelegado destaca as reducións nos delitos contra as persoas e contra liberdade, así como a substancial baixada dos furtos

O subdelegado destaca as reducións nos delitos contra as persoas e contra liberdade, así como a substancial baixada dos furtos

Etiquetas del contenido

Fecha: 16 de Marzo de 2024

Fuente: Subdelegación do Goberno en Pontevedra

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, presidiu xunto co alcalde da Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, a Xunta Local de Seguridade, a primeira na que participa neste municipio trala súa toma de posesión o pasado mes de decembro. Na xuntanza valorouse especialmente a mellora continua nas estatísticas de criminalidade neste concello, onde se produciu un descenso dun 14% dos delitos en 2023 con respecto ao ano anterior, situando así ao concello da Guarda nuns estándares de seguridade moi elevados. Losada destacou que as cifras son mellores incluso que as de 2019 o último ano antes da pandemia. Deste xeito, indicou que “un descenso tan importante sitúa este concello moi por debaixo das cifras medias de criminalidade do conxunto da provincia”. 

 

No encontro, no que participou tamén o coronel da Garda Civil, Simón Venzal e outros responsables da seguridade da Benemérita, do Concello e da Policía Local, deuse conta de que son xa dous os anos consecutivos nos que se reduce o número de infraccións penais rexistradas neste concello. Destacan as reducións nos delitos contra as persoas e contra liberdade. Non se produciu, de feito, ningún delito contra a liberdade sexual.

 

En canto aos delitos contra o patrimonio mantivéronse estables os roubos e hai unha substancial baixada dos furtos. Diante destas cifras, que evidencian a seguridade cidadá na Guarda, tamén se constatou un descenso dun 16% no número de persoas detidas e/ou investigadas pola Garda Civil.

 

Na Xunta de Seguridade destacouse a importancia da colaboración entre as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e a Policía Local en todos os ámbitos para loitar contra a criminalidade e tamén en materia de tráfico e seguridade viaria.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí