Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ABERTA A CONVOCATORIA PARA PARTICIPAR NO SEMINARIO DE CRÍTICA E PROGRAMACIÓN PLAY-DOC TUI 2015

Play-Doc ofrece un curso con recoñecidos profesionais da escritura sobre cinema e unha importante traxectoria na organización de ciclos e festivais

Os poñentes son Jaime Pena, programador do CGAI; Cíntia Gil, directora do Doc Lisboa; o freelance Miquel Martí Freixas; e o director do Festival de Sevilla, José Luis Cienfuegos

Fecha: 05 de Marzo de 2015

Fuente: Play-Doc Tui

Play-Doc Festival Internacional de Documentais celébrase unha vez máis en Tui, do 22 ao 26 de abril próximos. Como xa acontecera o pasado ano, pon en marcha un seminario para críticos en colaboración coa revista A Cuarta Parede. O seu obxectivo é ofrecer formación nesta área, cun curso especialmente dirixido a novos críticos que, ademais, desexen introducirse na organización de ciclos ou sesións de cinema. Programar e facer crítica son para moitos dous modos de exercer a mesma profesión. Para outros, estas actividades non teñen nada que ver entre si. O seminario ofrece a intervención de catro profesionais de probado prestixio e experiencia, que analizarán a cuestión dende diferentes perspectivas.
 
Dunha banda, ofrecerase unha introdución ao tema dende dous tipos de institución: unha filmoteca e un festival. Os encargados de fomentar este debate serán Jaime Pena e Cíntia Gil. Pena leva máis de dúas décadas programando no CGAI (Centro Galego de Artes da Imaxe), que logrou consolidar o seu modelo coma un dos máis prestixiosos do estado español. Amais, escribe habitualmente en revistas como Caimán. Cuadernos de Cine ou El Amante. Gil é directora dende 2012 de Doc Lisboa, un dos festivais de documentais referenciais en Europa. Programou tamén en Curtas Vila do Conde e a súa actividade crítica está máis ligada ao mundo académico. Estes dous perfís, distintos e complementarios, axudarán aos alumnos a aproximarse ao tema.
 
Convencido de que a selección de filmes ten un compoñente político, o festival convidou a Miquel Martí Freixas, crítico catalán, creador da referencial revista Blogs&Docs, para que fale do tema, xa que conta cunha longa traxectoria como programador independente na elaboración desta caste de ciclos políticos. Dado que todo crítico ou programador debe ser consciente da importancia de crear unha determinada liña editorial, engádese ao seminario unha das persoas que mellor saben traballar esta cuestión: José Luis Cienfuegos, antigo director do Festival Internacional de Cinema de Xixón e actual responsable do Festival de Cine Europeo de Sevilla. O asturiano soubo imprimir carácter a estes dous festivais, converténdoos en referencias europeas.
 
Adicionalmente, o co-director de A Cuarta Parede, Iván Villarmea, ofrecerá un obradoiro sobre crítica para aqueles alumnos que desexen escribir textos sobre o festival, que serán publicados na web da revista. Os interesados en participar deben mandar un correo de motivación e o seu CV a prensa@play-doc.com antes do 5 de abril. A aceptación no seminario, a celebrarse os días 25 e 26 de abril (sábado e domingo) no Teatro Municipal de Tui, dá acceso libre a todas as actividades do festival por un custo de 30 euros. Sobre a crítica, súmase a esta actividade o ciclo Resonancias, cuxa selección será anunciada nas vindeiras semanas.
 
Dende hai uns días, está amais dispoñible na web do festival o Play-Doc Support, un mecanismo de micromecenado co que o público pode facer pequenas achegas económicas para axudar o certame. Existen recompensas a partir de certas cantidades, para premiar o apoio dos espectadores.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones