Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Aberta a inscrición para participar de forma presencial na cata comentada da Feira do Viño do Rosal

Celebrarase con aforo limitado o vindeiro xoves 16 de xullo (13.00 h). As persoas interesadas en inscribirse poderán facelo a través de correo electrónico ata o vindeiro día 15 ás 15.00 h

Celebrarase con aforo limitado o vindeiro xoves 16 de xullo (13.00 h). As persoas interesadas en inscribirse poderán facelo a través de correo electrónico ata o vindeiro día 15 ás 15.00 h

Fecha: 09 de Julio de 2020

Fuente: Concello do Rosal

Ao abeiro da XXVIII Feira do Viño do Rosal 2020, a Confraría Cabaqueiros do Viño do Rosal organiza en colaboración co Concello unha cata de viños das adegas que forman parte da Asociación Empresarial Adegas do Rosal, a única actividade do programa que contará cunha parte presencial aínda que con aforo limitado e inscrición previa.

A cita terá lugar o vindeiro xoves 16 de xullo ás 13.00 horas no restaurante Juan (Rúa do Couso, 18. O Rosal) e todas e todos os interesados en asistir deberán enviar un correo electrónico a confrariavinorosal@gmail.com solicitando a súa inscrición e indicando nome e apelidos da persoa participante. É requisito indispensable ser maior de idade para poder participar.

Este ano contarase co enólogo, sumiller e profesor de Análise Sensorial e Técnico de Viticultura e Enoloxía na Universidade de Vigo Luis Paadín para dirixir a cata de nove viños do Rosal. Paadín é membro e, nalgúns casos, fundador de moitas asociación ligadas ao mundo do viño e está conectado tamén ao mundo literario vitivinícola coa autoría e coedición da "Guía de Vinos, Destilados y Bodegas de Galicia" e do libro "Las piedras que hacían vino". Conta cun espazo semanal na Cadena Ser A Coruña e na Cadena Radiovoz A Coruña.

Para poder levala a cabo a cata de forma presencial e coidar da saúde de todas as persoas participantes cumpriranse todas as medidas de prevención e seguridade esixidas polas autoridades sanitarias. Ademais, todas as persoas participantes deberán levar obrigatoriamente máscara de protección homologada durante todo o evento e manter as distancias de seguridade.

A cata poderá seguirse tamén de forma virtual co resto da programación da Feira do Viño 2020 a través da web.
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones