Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Aberto o prazo de matrícula na Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal

Durante toda esta semana, do 27 de xullo ó 2 de agosto, está aberto o prazo de matrícula para o curso 2020/2021 na Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal.

Durante toda esta semana, do 27 de xullo ó 2 de agosto, está aberto o prazo de matrícula para o curso 2020/2021 na Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal.

Fecha: 29 de Julio de 2020

Fuente: Agrupación Musical do Rosal

Durante toda esta semana, do 27 de xullo ó 2 de agosto, está aberto o prazo de matrícula para o curso 2020/2021 na Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal. Poderase realizar de maneira presencial en horario de 18:00 a 21:00 horas ou de maneira telemática seguindo as instruccións publicadas na web http://www.agrupacionmusicaldorosal.com/blog/matricula-curso-2020-2021/

A Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal está autorizada pola Xunta de Galicia e como tal figura inscrita co código de centro 36000843 no rexistro de escolas de música.

As materias que se imparten son as seguintes:

- Iniciación Musical (de 3 a 7 anos)
- Linguaxe Musical (a partir dos 8 anos: 1º, 2º, 3º, 4º e 5º)
- Solfexo para adultos
- Harmonía
- Análise

- Instrumento (clases individuales impartidas por profesorado de cada especialidade): Óboe, Frauta, Clarinete, Saxofón, Fagot, Trompeta, Trompa, Trombón, Bombardino, Tuba, Violoncello, Contrabaixo, Percusión, Piano, Guitarra, Gaita

- Agrupacións:
Minibanda
Banda Infantil
Coro Infantil (a partir dos 3 anos)
Coro de Adultos
Grupo de Pandeiretas

Como novidade para este curso os nenos de 7 anos comezarán a ter os seus primeiros contactos co instrumento que elixan.

A escola ofrece descontos do 50 % para os alumnos que comecen con instrumentos como o Fagot, Trompa e Violoncello e do 100% para Trombón e Bombardino, Tuba e Contrabaixo.

As clases darán comezo o 1 de setembro, e realizarase unha reunión previa cos alumnos matriculados donde se escollerán os horarios individuais de instrumento.

Para máis información poden entrar no enlace anteriormente publicado, onde xa están colgados os horarios das materias colectivas, así como o novo plan de estudos para o novo curso. Tamén poden dirixirse a oficina da escola no Auditorio do Rosal ou ben nos teléfonos 986.626.311 ou 609.866.792

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones