Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Aberto o prazo para solicitar as axudas para actividades económicas que se leven a cabo no Concello da Guarda e que se viran afectadas pola Orde de 26 de xaneiro de 2021

Trala proposta de Alcaldía e a aprobación en pleno desta medida, será a partir dende o luns 7 de xuño que se podan solicitar estas axudas que chegarán a ser de ata 700 euros por negocio.

Trala proposta de Alcaldía e a aprobación en pleno desta medida, será a partir dende o luns 7 de xuño que se podan solicitar estas axudas que chegarán a ser de ata 700 euros por negocio.

Etiquetas del contenido

Fecha: 08 de Junio de 2021

Fuente: Concello da Guarda

O obxecto destas axudas é paliar o impacto económico que sufriron aquelas empresas ou autónomos que tiveron que cesar a súa actividade como consecuencia da ORDE de 26 de xaneiro de 2021, e na que  se establecían medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Poderán solicitar estas axudas, sempre que cumpran os requisitos especificados nas bases, aquelas persoas físicas ou xurídicas, así como as comunidades de bens, sociedades civís ou outras entidades económicas sen personalidade xurídica legalmente constituídas que leven a cabo actividades empresariais que foron afectadas polos efectos da ORDE de 26 de xaneiro de 2021 pola que se establecían medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Os gastos que poderán ser compensados a través destas axudas incluirán servizos de asesoría ou xestoría, gastos de arrendamento de bens inmobles, de electricidade, de comunicacións, pólizas de seguros ou cotas de autónomos e Seguridade Social. Poderán xustificarse todos aqueles que se teñan realizado entre o 1 de xaneiro de 2021 e o 25 de xuño, data de finalización do prazo de presentación de solicitudes. 

 

Cada beneficiario/a poderá recibir ata un máximo de 700 euros en función da contía xustificada.

 

Nas próximas semanas o Concello ten previsión de publicar as bases doutra liña de axudas, nas que os beneficiarios serán tamén os negocios locais, a través das que se podan cubrir gastos realizados en material de protección fronte á COVID-19, así como outras inversións dirixidas a adaptar ou desenvolver o negocio dentro da situación de pandemia. 

Máis información e documentación na sede electrónica municipal: https://aguarda.sedelectronica.gal/info.3

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí