Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

ÁBRESE O PRAZO DE INSCRIPCIÓN NO XIII CERTAME PROVINCIAL DE BANDAS DE MÚSICA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Establécense tres premios para cada modalidade e, á hora de puntuar ás diferentes agrupacións, o xurado valorará a afinación, a sonoridade, a interpretación e a técnica

Fecha: 29 de Mayo de 2014

Fuente: www.depo.es

O Boletín Oficial da Provincial publica hoxe as bases do XIII Certame Provincial de Música e abre o prazo para que todas as agrupacións interesadas en concursar poidan presentar a súa solicitude. Poderano facer desde mañá, xoves 29 de maio, ata o 27 de xuño, ambos incluídos, no rexistro da Deputación de Pontevedra.

Ao concurso poderán presentarse todas as bandas de música federadas, que poderán competir en tres niveis segundo o grao de dificultade da peza de libre elección que interpretarán.

En total serán 22 as agrupacións que participarán no certame, 6 na sección primeira (a de maior dificultade), 8 na segunda e outras 8 na terceira.

A elección das bandas concursantes realizarase por medio dun sorteo público entre todas as agrupacións que opten a participar en cada unha das categorías.

Lalín, Vilagarcía e Tui

O certame disputarase en tres puntos diferentes da provincia. Así, as agrupacións que compiten na sección primeira farano no Auditorio Área Panorámica de Tui o 4 de outubro; mentres que a sección segunda competirá no Auditorio Municipal de Lalín o 11 de outubro; e a sección terceira no Auditorio Municipal de Vilagarcía o 18 de outubro.

Só por participar, cada banda percibirá entre 2.000 e 3.500 euros (en función da sección) e establécense 3 premios aos mellor clasificados en cada nivel.

Sección

1º premio

 

2º premio

3º premio

Primeira

4.200 €

2.000 €

1.500

Segunda

3.500 €

1.800 €

1.250

terceira

3.000 €

1.500 €

1.000

 

A clasificación determinarana os membros do xurado atendendo a aspectos como a afinación, a sonoridade (dinámica, planos sonoros, equilibrios harmónicos, etc.), a interpretación e a técnica. Todos eses aspectos valoraranse tanto na interpretación do tema libre como no establecido como obrigatorio nas bases do concurso e que serán, para a sección primeira, 2Q1E In memoriam de David Cuevas; Theseus de Andrés Álvarez na Sección Segunda; e Sangral de Israel Quintas na Sección terceira.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí