Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Ábrese o prazo de licitación para a ampliación do mercado do Rosal

A presentación de solicitudes remata o 14 de outubro e o orzamento da obra é de case 380.000 euros

A presentación de solicitudes remata o 14 de outubro e o orzamento da obra é de case 380.000 euros

Etiquetas del contenido

Fecha: 28 de Septiembre de 2021

Fuente: Concello de O Rosal

O Concello do Rosal anuncia que o prazo de licitación para a mellora e ampliación do Mercado de Abastos xa está aberto. As entidades interesadas poden presentar a súa solicitude ata o vindeiro 14 de outubro a través do Portal de Contratación do Estado (PLACE). A intervención, que conta cun orzamento de case 380.000 euros, mellorará as infraestruturas actuais e creará un espazo de degustación e de restauración que dotará doutro enfoque ao espazo.

A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, explica que esta ampliación súmase á recente renovación do Mercado que se realizou durante a primeira metade do ano, e destaca que responde “á aposta do Concello polo comercio de proximidade, polo produto local e de calidade”, como medio para “activar e reforzar a nosa economía”.

As melloras consistirán na creación dunha maior zona de degustación con novas mesas, cadeiras e taburetes, e na construción de dúas xardineiras, unha na terraza da planta superior, e outra no patio da planta inferior. As obras deben ter unha duración de 10 meses e farán do espazo un lugar “cómodo, sostible, e eficaz para degustar os produtos locais incorporando toda a vertente culinaria asociada”, destaca a rexedora.

A ampliación camiña na liña dos mercados de excelencia marcados pola propia Xunta de Galicia pola que se aposta por dotar aos mercados de proximidade dun valor engadido converténdoos en epicentro culinario, de degustación e restauración. Deste xeito xérase un espazo de lecer e convivencia para a toda a veciñanza coa posibilidade de realizar actividades de diversa índole no seu interior. 

Con estas melloras o Concello rematará o seu proxecto para dotar o mercado, construído en 1954, dunha imaxe totalmente renovada e moderna, facéndoo máis confortable e atractivo para os e as comerciantes, e os rosaleiros e rosaleiras que busquen un espazo para mercar e desfrutar do produto local.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí