Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Acaba de chegar ao mercado a primeira -pelirroxa- elaborada con mirabel

A empresa agraria Mirabel Do Rosal xa comercializa a primeira cervexa estilo Irish Red elaborada con mirabeles pasificados.

A empresa agraria Mirabel Do Rosal xa comercializa a primeira cervexa estilo Irish Red elaborada con mirabeles pasificados.

Etiquetas del contenido

Fecha: 07 de Mayo de 2021

Fuente: www.mirabeldorosal.com

A empresa agraria Mirabel Do Rosal acaba de sacar ao mercado a primeira cervexa tostada, estilo Irish Red, elaborada con mirabeles pasificados, logrando así, un produto único, singular que non deixará indiferente a quen a probe.

Trátase dunha cervexa de alta fermentación, de color cobrizo e escuma veige, con aroma a herbáceas xunto a toques de caramelo. O sabor é suave e agradable, deixando en boca notas a café, caramelo e froitas pasificadas. Destaca un gran equilibrio entre o doce e o amargor, e unha agradable sensación de frescor ao ser degustada.

Cervexa 100% feita en Galicia, de alta calidade e de produción ecolóxica, situada na categoría PREMIUM que chama a atención polo seu carácter e exclusividade, e que nomeamos vulgarmente como a “Pelirroxa da Terriña” pola súa cor e orixe.

Con este novo produto Mirabel Do Rosal engrandece o catálogo de produtos transformados do mirabel que xa ven comercializando dende fai uns anos baixo a coñecida marca comercial ALÉN DO VAL, produtos sempre enfocados cara o mercado gourmet e delicatessen, especializado Bio e restauración de calidade, cumprindo así co obxectivo de por en valor a unha froita local e singular e crear maior valor acrecentado.

Mirabel do Rosal ven de recibir recentemente o premio ao Mellor Produtor Sostible da man do BBVA e o Celler de Can Roca, que recoñece un traballo importante pola sostenibilidade, de tal maneira que todos os produtos Alén Do Val incorporan un novo selo no etiquetado que recoñece este galardón e que informará ao consumidor.

 

Notas de cata:

  • Aspecto: Cor cobrizo e presentación cristalina que contrasta coa escuma cor crema. Burbulla fina lixeiramente persistente que convida a beber.
  • Nariz: O aroma é lixeiro e discreto, destacando notas herbáceas xunto a toques de caramelo, que combinan perfectamente cos sabores das froitas en boca.
  • Boca: o sabor é seco, suave e agradable, deixando en boca notas a maltas tostadas, café, caramelo e froitas confeitadas ou pasificadas. Mostra un gran equilibrio entre o doce e o amargor, quedando unha agradable sensación de frescor extraordinario ao ser degustada.

 

Mirabel Do Rosal:

Mirabel do Rosal é unha empresa agraria que xurde como una iniciativa local de varios veciños do concello do Rosal (Pontevedra) coa intención de poñer en valor os produtos típicos da zona. Na actualidade dispón de 10 hectáreas de terreos propios e alugados dedicados á produción ecolóxica de mirabel.

Mirabel Do Rosal, comercializa cada campaña o mirabel fresco que pon ao alcance de todos os consumidores, os cales poden gozar dunha froita de temporada, de calidade e producida por métodos tradicionais e sostibles.

Coa marca comercial “Alén do Val”, iniciouse o camiño da comercialización de produtos transformados do mirabel, primeiro coa marmelada de mirabel, posteriormente cos mirabeis en xarope, e posteriormente coa cervexa rubia elaborada con mirabel, doce e snaks,  sempre amparados polo CRAEGA e buscando produtos de alta calidade.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí