Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Accións adoptadas polos concellos da Comarca do Baixo Miño fronte ao coronavirus COVID-19

A Guarda, O Rosal, Tomiño e Tui adoptaron diferentes medidas de prevención fronte a evolución do coronavirus COVID-19

A Guarda, O Rosal, Tomiño e Tui adoptaron diferentes medidas de prevención fronte a evolución do coronavirus COVID-19

Fecha: 13 de Marzo de 2020

Fuente: Jorge Alonso Daldea / Infomiño

CONCELLO DA GUARDA

Responsables municipais están facendo un seguimento en tempo real en base ás recomendacións do Estado, da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia, para establecer os protocolos a seguir ante a evolución do coronavirus COVID-19.

O Concello da Guarda vai a priorizar nos servizos de atención ao público municipais a atención de xeito telefónica e telemática, limitando na medida do posible a atención presencial e garantindo a prestación dos diferentes servizos.

Medidas adoptadas en relación aos espazos municipais e atención ao público:
• Inclusión de monográficos sobre unha axeitada técnica de hixiene das mans e informacións de interese para evitar posibles infeccións nos espazos municipais que permanezan abertos.
• Recomendación aos traballadores municipais de extremar as medidas de hixiene.
• Indicación aos servizos de limpeza a extremar a hixiene dos dos espazos municipais que permanezan abertos.
• Limitar a presenza de traballadores favorecendo o teletraballo.
• Na web municipal habilitouse un apartado específico para incorporar todas as recomendacións e informacións de interese de xeito que se dispoña dunha información actualizada.

Medidas adoptadas en canto ós servizos e actividades:
• Peche da Rede de Museos Municipal: Museo MASAT do Monte Santa Trega, Museo do Mar e Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz.
• Peche dos centros sociocomunitarios, do Conservatorio Municipal, do Centro Cultural, do Campo de Fútbol da Sangriña, da Piscina Municipal e do Pavillón Municipal.
• Suspensión de todas as actividades culturais, deportivas e, en definitiva, todas aquelas xuntanzas e reunións que non sexan estrictamente necesarias.
• Suspendense tamén todas as accións formativas e cursos previstos nas vindeiras datas, así coma os procesos selectivos.
• Suspensión do servizo da Escola Infantil Municipal.
• Suspensión do mercadillo semanal dos sábados.


Recomendacións:
• Recomendación a todos os colectivos sociais, deportivos e culturais a evitar a realización de actividades públicas e o peche dos seus locais.
• Recomendación a toda a cidadanía de evitar a asistencia aos espazos privados e públicos onde exista concentración de persoas (parques, etc.).


As medidas adoptadas estarán vixentes dende o venres día 13 de marzo ata próxima comunicación en función da evolución do COVID-19. A única execpción é o servizo da Escola Infantil Municipal que permanecerá pechará a partir do luns día 16 para dar tempo as familias a organizarse.


Novas medidas:
• Peche dos parques infantís.
• Peche do Albergue Municipal.
• Prohibición do acceso aos espazos deportivos ao aire libre: pista de skate, petanca, etc.
• Peche do Punto Limpo Municipal.
• O Concello da Guarda enviará aos seus domicilios a todos os traballadores que formen parte dos grupos de risco ou teñan familiares nos grupos de risco.
Así mesmo, o Concello, despois de ser informados polos párrocos da localidade, informa que non se celebrarán actos relixiosos nas parroquias da Guarda.
O Concello seguirá prestando os servizos básicos á cidadanía e faise un chamamento á comprensión por parte de todos os guardeses e guardesas para facilitar a xestión desta crise.
As medidas adoptadas estarán vixentes ata próxima comunicación en función da evolución do COVID-19. 

CONCELLO DO ROSAL

Atendendo ás últimas recomendacións marcadas dende a Xunta de Galicia e aos protocolos de prevención estipulados polos expertos para a contención do COVID-19, o Concello do Rosal levará a cabo as seguintes medidas preventivas:

- Aprazamento de todas as actividades relacionadas cos cursos do programa ‘Reactívate'.
- Aprazamento de toda a axenda cultural e de lecer do mes de marzo.

Estas medidas de carácter preventivo faranse efectivas a partir do vindeiro luns 16 de marzo e estarán en vigor ata finais de mes. Chegada esa data serán avaliadas de novo tendo en conta o desenvolvemento da situación e seguindo as recomendacións establecidas tanto pola Xunta de Galicia como polo Ministerio de Sanidade.

Lémbrase ás familias que a Xunta de Galicia suspendeu as clases en todos os centros educativos galegos e a todos os niveis dende o luns e durante 14 días como medida preventiva, así como todas as actividades extraescolares. Tamén decretou o peche de centros de maiores, centros sociocomunitarios, museos, bibliotecas e arquivos e limitou a afluencia a eventos en espazos pechados a 50 persoas e en espazos maiores a un terzo do aforo total.

O Concello do Rosal ponse a total disposición do órgano competente da Xunta de Galicia nesta materia para o que considere oportuno.

 

CONCELLO DE TOMIÑO

O Concello de Tomiño celebrou hoxe unha reunión con motivo da situación sanitaria xerada polo Coronavirus. Nesta reunión aprobouse a creación dunha comisión municipal de seguemento da situación do Covid-19, que ten como funcións facer un seguemento continuado das indicacións das autoridades sanitarias a nivel estatal e autonómico, e coordinar as accións pertinentes a nivel municipal. Así mesmo, esta comisión encargarase de coordinar a comunicación á poboación dun xeito áxil e veraz.

A comisión de seguemento estará composta polos concelleiros e concelleiras do equipo de goberno, que estarán encargados de executar as medidas nas súas áreas de competencia; representantes dos grupos da oposición; representantes dos traballadores e traballadoras e o responsable da policía local e será presidida pola alcaldesa, Sandra González.

A comisión reunirase de xeito ordinario unha vez ao día durante o tempo que dure a situación actual e de xeito extraordinario cando sexa preciso.

En aplicación das instrucións actuais das autoridades sanitarias e da administración estatal e autonómica, o Concello de Tomiño procede hoxe á cancelación de todos os eventos culturais e deportivos dos vindeiros días, entre os que cabe destacar o programa Reactívate, Medrando en Familia, Actividades extraescolares municipais, Programación de Igualdade, a Escola Municipal de Teatro, os cursos da OMIX, o Mercadillo de Goián e Tomiño, o curso para a obtención da ensinanza secundaria e a totalidade dos eventos deportivos municipais.

O Concello súmase ao chamamento á calma e á prudencia, e pide ás veciñas e veciños de Tomiño que sigan as indicacións oficiais en materia de protección e prevención.

CONCELLO DE TUI

O Concello de Tui baralla o aprazamento das Festas de San Telmo que se celebrarían do 11 ao 20 de abril.  Esta é unha das medidas que están sobre a mesa e das que informou hoxe o alcalde, Enrique Cabaleiro, acompañado polos representantes de todos os grupos municipais da corporación.

“O evento máis importante que temos por diante, as Festas de San Telmo, no escenario actual de prohibición de concentracións de máis de mil persoas e coas recomendacións e directrices por parte das autoridades sanitarias non se poderían celebrar e serían aprazadas”, así o manifestaba con toda cautela o rexedor tudense. Engadía que haberá que ver os escenarios posibles a un mes vista da celebración do evento, a evolución da crise do coronavirus, e “en función da evolución e seguindo as directrices das autoridades sanitarias tomaremos as decisións que estimemos oportunas”.

O rexedor anunciou a suspensión do mercado semanal dos xoves e tamén da Feira de Oportunidades prevista para a próxima semana, así coma de todas as actividades organizadas polo Concello. Igualmente péchase todos os equipamentos de titularidade municipal.  Na casa do concello, coma xa se informou onte, queda suspendida a atención ao público e os trámites faranse de xeito telefónico ou a través da sede electrónica.  Salvo o rexistro de entrada que permanecerá aberto e o departamento de Servizos Sociais atenderá os casos de extrema urxencia e sempre contactado previamente por vía telefónica.

Cando ao alcalde comparecían hoxe en rolda de prensa José Ángel Fernández do PP, Juan Miguel Diz Guedes de Ciudadanos, Xosé Martínez Tato do BNG, José Manuel Palacín de C21, e Laureano Alonso de En Marea. Tamén estaban presentes varios membros do equipo de goberno.  Os voceiros dos grupos da corporación respaldaron as decisións tomadas, e fixeron un chamamento á veciñanza a actuar con responsabilidade.

Amais das Festas de San Telmo están tamén sobre a mesa as celebracións da Semana Santa polo que o próximo luns os responsables municipais manterán unha reunión cos responsables da organización destes actos para avaliar no escenario actual a celebración ou suspensión dos mesmos.

Esta mañá a xunta de portavoces acordou celebrar a próxima semana a comisión informativa prevista e o pleno ordinario deste mes de marzo, pero a porta pechada.

Explicaba o rexedor tudense que a corporación municipal asume a responsabilidade de tomar todas estas medidas pero tamén facía un chamamento á responsabilidade individual de cada un de nós.

Semanalmente a xunta de portavoces reunirase para estudar a situación en cada momento e tomar as decisións que correspondan.

CONCELLO DE OIA

O Concello de Oia comunica a toda a veciñanza que en cumprimento das instrucións para a prevención do coronavirus decretadas pola Xunta de Galicia e o Goberno central, este Concello toma as seguintes medidas:
A partir do Venres 13 de marzo:
- Suspensión de tódalas actividades municipais (sociais, culturais, deportivas...)
En relación á atención ao público nas dependencias municipais:
- A atención municipal no Concello limitarase só a casos de urxencia ou extrema necesidade. Para verificar a urxencia de dita necesidade poden chamar ao tfno.- 986 362 125.
- No caso de áreas específicas como: Servizos Sociais, AEDL, Urbanismo ou Secretaría, será preciso concertar cita previa no teléfono 986 362 125.
Medios para tramitar a distancia:
- Da sede electrónica https://oia.sedelectronica.es
- Por teléfono: 986 362 125
RECOMÉNDASE SEGUIR AS INSTRUCIÓNS DITADAS POLO MINISTERIO DE SANIDADE E A CONSELLERÍA DE SANIDADE.
Teléfono de información para casos leves: 900 400 116
Teléfono só para Emerxencias e casos graves: 061
Prégase colaboración de toda a veciñanza para evitar a propagación do virus evitando situacións de risco. 

 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones