Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Actividades infantís, bandas de música, charangas e verbenas nas festas de San Telmo que comezan este sábado

As verbenas serán amenizadas por América, La Oca Band, Claxxon, e Los Players que presentarán os seus novos espectáculos desta temporada.

As verbenas serán amenizadas por América, La Oca Band, Claxxon, e Los Players que presentarán os seus novos espectáculos desta temporada.

Etiquetas del contenido

Fecha: 30 de Marzo de 2024

Fuente: Concello de Tui

Un programa pensado para chegar a públicos de todas as idades. Así é a programación das Festas de San Telmo 2023 organizadas polo Concello de Tui e que brindarán dez días de animación dende este sábado, 30 de marzo, até o luns 8 de abril, festivo local en Tui.  Estas festas, declaradas de Interese Turístico Galego, ofertan variedade de propostas, musicais, teatrais, gastronómicas,… para pequenos e maiores. Dúas carpas, na Corredoira e no Espazo Feiral, albergarán parte das propostas que terán lugar tamén na praza da Inmaculada, no Teatro Municipal, ou na rúa Compostela. 

O público infantil e familiar poderá gozar cos espectáculos previstos na carpa da Corredoira. O luns 1 ás 18 h “Os ourizos agarimosos” achegarán música e monicreques. Barafunda presentará o martes 2 ás 18 h “Globotolo” e o xoves 4 ás 19 h “O globador tolo”. O venres 5 ás 18 h será a quenda de Peter Punk con “Chungo que te cagas” e o sábado 6 ás 18 h O Show de Fifo presentará “Soño”.

Tamén na carpa da Corredoira actuará este domingo 31 ás 12.30 h a Banda de Música Popular de Tui e ás 18 h a Agrupación Musical do Rosal. O mércores 3 e o xoves 4 ás 18 h será o alumnado e profesorado do Conservatorio Profesional de Música de Tui  os que actuarán neste espazo. O domingo 7 ás 12.30 h estará en concerto a  Unión de Guláns, e ás 18 h volverá actuar a Banda de Música Popular de Tui. O luns 7, luns de San Telmo, ás 12.30 h ofrecerá o seu segundo concerto a Banda de Música Xuvenil de Tui, que se presentou o pasado mes de decembro. Está integrada por unha trintena de músicos e músicas e dirixida por Eloy Carrera. Por último ás 18 h actuará, coma é xa tradicional, a banda de música da Escola Naval Militar de Marín.

Non faltará tampouco nas festas a animación de rúa. As charangas tudenses Cantos Somos, actuará este domingo 31 e o sábado 6, e A Tu Ritmo, o domingo 7. Pero amais Pulpiño Viascón ofrecerá un pasarrúas o venres 5 estreando o espectáculo “A Trikidisco”, Barafunda presentará “Os repoludos” o sábado 6 , e Troula  “Polis Tolos” o domingo 7 e “Steampunk” o luns 8.

As verbenas serán amenizadas por América, La Oca Band, Claxxon, e Los Players que presentarán os seus novos espectáculos desta temporada.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí