Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ACTIVIDADES INFANTÍS, INAUGURACIÓN DA FEIRA AGRÍCOLA E ALIMENTARIA, PATINAXE, TEATRO, E VERBENA NA PROGRAMACIÓN PARA ESTE VENRES NAS FESTAS

A programación das festas de San Telmo para o venres ofrece actividades infantís, comezo da Feira Agrícola e Alimentaria, exhibición de patinaxe, teatro, e verbena.

A programación das festas de San Telmo para o venres ofrece actividades infantís, comezo da Feira Agrícola e Alimentaria, exhibición de patinaxe, teatro, e verbena.

Fecha: 01 de Abril de 2016

Fuente: Concello de Tui

A programación das festas de San Telmo para o venres ofrece actividades infantís, comezo da Feira Agrícola e Alimentaria, exhibición de patinaxe, teatro, e verbena.

Os nenos a partir de 3 anos poderán disfrutar mañá venres, a partir das 11.30h, no Paseo da Corredoira da actividade "A Gargalladas" da man de En un Tris Tras. Complétanse así cinco días de actividades infantís gratuítas para nenos, que debido ao mal tempo ata o de agora se tiveron realizar na Área Panorámica.
Ás 16.30h na Sala Félix Rodríguez, porta 10 da Área Panorámica proxectarase de xeito gratuíto a película "Del Revés". A entrada é libre ata completar o aforamento.

Ás 17h será inaugurada no recinto do IES San Paio, na rúa Casal Aboy, a Feira Agrícola e Alimentaria, FAAT, que se poderá visitar ata o próximo luns en horario de 11 a 20h. A entrada terá un prezo de 1€. Preto de 40 empresas amosarán as novidades en sectores coma o de maquinaria agrícola, alimentación, ... Están previstas amais exhibicións de cetrería, actividades infantís e exposicións. No recinto da feira estará amais montado un circuíto de scalextric no que se realizarán exhibicións e competicións ao longo da fin de semana.

O CPA Ribex de Tui realizará unha exhibición de patinaxe a partir das 19.00 horas no Paseo da Corredoira de Tui. As recentes subcampioas da Copa de España e oitavas clasificadas no Campionato de España, farán diferentes coreografías, tanto en grupos pequenos, como en grupos show.

Prosegue a VIII Semana de Teatro Afeccionado San Telmo ás 21.15h no Teatro Municipal de Tui co grupo de teatro Mesturanzas de Areas estrea "Ah...que familia". As entradas poranse á venda media hora do comezo das función no despacho de billetes ao prezo de 1,5€.

Este Venres haberá verbena na rúa Compostela amenizada pola orquestra Capitol (de 20h a 21.30h e 23h a 00.30h) e pola orquestra América no Paseo da Corredoira (de 21.30h a 23h e de 00.30h a 02.00).

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones