Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Actividades musicais, deportivas e relixiosas copan a primeira fin de semana de agosto na Guarda

Agosto arrinca na Guarda cunha primeira fin de semana cargada de actividades culturais, deportivas e relixiosas dirixidas a todo o público.

Agosto arrinca na Guarda cunha primeira fin de semana cargada de actividades culturais, deportivas e relixiosas dirixidas a todo o público.

Fecha: 05 de Agosto de 2017

Fuente: Concello de A Guarda

Agosto arrinca na Guarda cunha primeira fin de semana cargada de actividades culturais, deportivas e relixiosas dirixidas a todo o público. A festa en honra a San Caetano comezou na noite do xoves e rematará este domingo 6 de agosto no barrio da Cruzada, incluíndo programación musical e gastronómica, namentres as actividades deportivas concentraranse na xornada do sábado, co Galifornia Beat e o Trofeo de Hóckey Liña e as Carreiras Pedestres no marco das Festas do Monte.

A programación cultural comezou na noite do xoves no Centro Cultural da Guarda, onde se celebrou o XXXI Certame de Poesía Feliciano Rolán, organizado pola Agrupación Cultural Guardesa. A cita contou coa presenza das persoas galardoadas no concurso literario: Isaura Lago, Rocío Leira e Ramón Sandoval. A nota musical poñerana as pianistas María Alonso e Laura González, cunha actuación especial.

Festas na honra de San Caetano
O barrio da Cruzada da comezo ás Festas de San Caetano. Continuarán as xornadas festivas o venres, coa sardiñada a partir das 21.00 horas, seguida das actuación da orquestra Costa Blanca; e o sábado, coa gran verbena da man de Los Soprano e Ambar. Ámbolos dous días contarán co pasacalles a cargo do grupo de gaitas A Boalleira.

O domingo pola mañá será a quenda dos actos relixiosos, coa celebración da misa solemne ás 11.30 horas e a posterior procesión partindo da capela de San Caetano, acompañada polo grupo de gaitas A Boalleira e o coro parroquial. Xa pola tarde, a partir das 19.00 horas, realizaranse as tradicionais puxas e, tras delas, o grupo de pop-rock guardés Songodin's ofertará un concerto.

Deporte e cultura urbana
O sábado 5 de agosto será o gran día do deporte. Especialmente, daqueles relacionados coa cultura urbana no marco da terceira edición de Galifornia Beat, organizada por Skateboarding360 en colaboración co Concello da Guarda. O evento "multideportivo e multicultural", segundo o definen os organizadores, terá lugar na atalaia do porto guardés a partir das 10.00 horas e contará con competicións en tres modalidades de skateboarding: Street skate ou patinaxe de rúa; miniramp, na que os skaters fan uso de pequenas ramplas; e S.K.A.T.E, unha modalidade de competición a dúo na que os contrincantes poñen a proba a destreza do outro na realización de determinados trucos.

As actividades deportivas complétanse coa oferta de clases de break dance e a práctica de flyboard e hoverboard, dúas modalidades acuáticas que permiten elevarse sobre a auga e para cuxo desfrute é preciso inscribirse previamente a través da páxina www.flyboardvigo.com. Amais destas, as persoas que se acheguen á atalaia -na que haberá postos de artesanía, comida, bebida e inchables para os cativos- poderán presenciar as pintadas de graffitis e os concertos, que se celebrarán a última hora da tarde.

Primeiras actividades das Festas do Monte
As primeiras actividades deportivas das Festas do Monte serán tamén o sábado, a partir das 18.00 horas. Por unha parte, no pavillón das Solanas disputarase o Trofeo Festas do Monte de Hóckey Liña, con categorías senior e amateur. Paralelamente, partirá da Alameda da Guarda a tradicional Carreira Pedestre Popular, cuxa inscrición permanecerá aberta ata mañá ás 19.00 horas, na páxina www.trega.es. Tamén é posible a inscrición de xeito presencial, para o que as persoas interesadas deben achegarse ata a Alameda esta tarde entre as 18.00 e as 20.00 horas ou mañá entre as 17.30 e as 19.00 horas.

A Festa do Monte, con todo, arrincará oficialmente o próximo luns, 7 de agosto, co pregón inaugural a cargo dun responsable do Real Club Celta de Vigo, precedido pola benvida do alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba. As grandes festas guardesas continuarán durante toda a semana, cunha programación deportiva, cultural e lúdica intensiva ata o 15 de agosto.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí