Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Acto de recoñecemento aos 40 anos de presenza socialista no concello da Guarda

Tamén interviron o ex-Presidente da ELM de Camposancos, Rafa Alvarez o ex-Alcalde da Guarda José Manuel Domínguez Freitas e o actual alcalde e candidato a alcalde para as próximas eleccións municipais de maio, Antonio Lomba.

Tamén interviron o ex-Presidente da ELM de Camposancos, Rafa Alvarez o ex-Alcalde da Guarda José Manuel Domínguez Freitas e o actual alcalde e candidato a alcalde para as próximas eleccións municipais de maio, Antonio Lomba.

Etiquetas del contenido

Fecha: 06 de Marzo de 2023

Fuente: Socialistas da Guarda

Este venres, o salón de actos do Centro Cultural da Guarda acolleu un gran acto de recoñecemento aos 40 anos de presenza socialista no concello da Guarda e na entidade local menor de Camposancos. Foron moitas as persoas que durante estes 40 anos formaron parte desas candidaturas e o Partido Socialista da Guarda quixo facer un acto de recoñecemento a esas persoas pola labor desenvolvida, as horas de adicación e esa ilusión coa que estiveron sempre liderando as principais demandas da cidadanía guardesa, como foi coa demanda de creación dun instituto para a localidade ou como é hoxe en día liderando as demandas por unha sanidade pública de calidade.

No ano 1983 o Partido Socialista da Guarda presentou a súa primeira candidatura, ia encabezada por José Luis Lomba Alonsoe o acompañaban moitos compañeiros (e unha muller, Avelina Alvarez Vicente), nesta lista figuraban tamén tres persoas Paulino Rodríguez, Miguel Angel Español e Victoriano Rodríguez González que xa no ano 1979 tomaron a decisión de participar nas eleccións municipais formando parte das listas da Unión Democrática Guardesa. Persoas valentes, progresistas e comprometidas coa liberdade.

No acto de recoñecemento se fixo entrega dos agasallo en catro tandas e contou coas intervencións da Secretaria Xeral da Agrupación Socialista da Guarda, Montserrat Magallanes quen quixo salientar que o partido está forte e cheo de ilusión porque o están as persoas que o conforman, as que levan anos no partido, as novas incorporacións e tantas e tantas persoas que co seu alento e impulso están conformando un gran proxecto de futuro para A Guarda.

Tamén interviron o ex-Presidente da ELM de Camposancos, Rafa Alvarez o ex-Alcalde da Guarda José Manuel Domínguez Freitas e o actual alcalde e candidato a alcalde para as próximas eleccións municipais de maio, Antonio Lomba.

Antonio Lomba adicou aos presentes unhas emotivas palabras de agradecemento: “agradezo do acto de hoxe a oportunidade que me brinda de poder dicirvos, a todos e todas as que estades aquí, e aos familiares dos que xa non están, a gran estima, gratitude e respecto que vos teño. Moitos de vós sodes un referente para min”.

Así mesmo solicitou o apoio dos presentes para a próxima candidatura socialista nas eleccións de maio con estas palabras: “Asegúrovos que non hai proxecto máis ambicioso para A Guarda que o noso, nin grupo máis capaz de levalo a cabo con seriedade e solvencia como o Socialista. Para desenvolvelo necesitamos de vós, necesitamos todas as máns, todas as vontades, todos os apoios.”

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí