Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

AFECTADOS POLAS PREFERENTES FORON DESALOXADOS POLOS CORPOS DE SEGURIDADE DO CONCELLO DO ROSAL

A primeira hora da mañá os corpos de seguridade realizaron o desaloxo dos afectados que pasaran a noite nas dependencias municipais

Fecha: 04 de Junio de 2013

Fuente: Infomiño.com

 

 

Na mañá do pasado Luns día 3 de Xuño de 2013, axentes da Guardia Civil e Policía Local de O Rosal procederon ó desaloxo dos afectados polas participacións preferentes e subordinadas, que dende fai meses mantiñan un encerro nas dependencias municipais en busca dunha solución para que lles sexan devoltos os seus aforros.

Sobre as 8:00h da mañá se procedeu ó desaloxo dos afectados do interior do Concello e durante toda a mañá os afectados realizaron unha protesta ás portas do consistorio do Rosal, onde varias patrullas da benemérita se mantiveron tamén na zona.

Pasadas as 2:00h da tarde saían do consistorio dúas concelleiras municipais, manténdose un cruce de acusacións, e momentos máis tarde o facía o Alcalde, Sr. Jesús María Fdez. Portela, que foi increpado polos afectados no traxecto a pé ata o seu vehículo escoltado por axentes da Guardia Civil e Policía Local, mentres nese mesmo momento un dos afectados era atendido polos sanitarios e desprazado en ambulancia, tras desmayarse ás portas do consistorio do rosal.

Dende o colectivo de afectados manifestaron que continuarán coas súas reinvindicacións ás portas do consistorio ata que se lles dea unha solución satisfactoria ó problema que mantén retidos os seus aforros en "productos tóxicos" bancarios.

O alcalde do Rosal, Sr. Jesús María Fdez. Portela, en declaracións a outros medios de comunicación, mantivo a súa postura de apoio ós afectados, pero insistíu en que é preciso continuar cos trámites municipais, realización de plenos, para voltar á normalidade do traballo municipal, onde fai preto de 6 meses que non se realiza ningún pleno municipal.

  A primeira hora da mañá os corpos de seguridade realizaron o desaloxo dos afectados que pasaran a noite nas dependencias municipais

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones