Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Agasol e a Amtega celebrarán obradoiros de verán en Tomiño para incentir as vocacións STEAM entre o alumnado feminino

Os obradoiros serán os días 6 e 7 de xullo e serán de carácter práctico e presencial

Os obradoiros serán os días 6 e 7 de xullo e serán de carácter práctico e presencial

Etiquetas del contenido

Fecha: 06 de Julio de 2022

Fuente: Agasol

A Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (Agasol) desenvolverá, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), o Programa STEAM,  que, a través dos obradoiros de verán, procura motivar e favorecer un uso creativo da tecnoloxía así como igualitario entre rapazas e rapaces, derrubando estereotipos. En Tomiño, haberá dous obradoiros os días 6 e 7 de xullo.

As xornadas celebraranse nos meses de xullo, agosto e setembro a través de obradoiros de carácter práctico e presencial en 16 concellos de toda Galicia, entre eles Tomiño. Este ano a organización busca achegar a formación principalmente a mozos e mozas de municipios máis pequenos e situados no rural galego.

O alumnado participante tomará contacto coa tecnoloxía de forma inspiradora e creativa, con actividades como a creación de circuítos en papel, programación de videoxogos propios con scratch (unha linguaxe de programación creada polo MIT para persoas que se inician neste ámbito) ou a creación de “cómics” interactivos con makey makey (un kit de creación interactivo para experimentar, investigar e ideal para practicar nunha contorna real a programación con Scratch).

Ademais, as nenas e nenos que asistan aos obradoiros terán a posibilidade de realizar outro tipo de proxectos, máis avanzados, que requiren coñecementos e experiencia en programación e involucran o uso de diferentes sensores e actuadores, así como a elaboración de postais pop-up, libros luminosos, papiroflexia interactiva, entre outras actividades.

Empoderar ás rapazas nos eidos STEAM

Con Girl STEAM, Agasol e a Amtega buscan visibilizar roles e motivar as vocacións tecnolóxicas entre as nenas e empoderar ás rapazas para que aposten por carreiras STEAM (siglas en inglés de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría, Artes e Matemáticas) e polas profesións do ámbito TIC.

Os lugares definitivos e as datas de celebración dos obradoiros do Programa STEAM estarán dispoñibles na web CeMIT, desde onde se poderá reservar praza, e na web Digitalent.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí