Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Agustín Ferreira, presidente de ANABAM: -Chegar aos 40 anos é unha satisfacción enorme, pero tamén unha chamada de atención: aínda queda moito por facer pola natureza-

Con motivo do concerto de Cuerdas Atlánticas que este sábado 4 de outubro conmemora os 40 anos de ANABAM en A Guarda, Infomiño.com conversa en exclusiva co seu presidente, Agustín Ferreira, sobre a traxectoria, os logros e os retos ambientais que afronta

Con motivo do concerto de Cuerdas Atlánticas que este sábado 4 de outubro conmemora os 40 anos de ANABAM en A Guarda, Infomiño.com conversa en exclusiva co seu presidente, Agustín Ferreira, sobre a traxectoria, os logros e os retos ambientais que afronta

Etiquetas del contenido

Fecha: 03 de Octubre de 2025

Fuente: Jorge Alonso Daldea (Director Infomiño.com)

A asociación conservacionista ANABAM celebra este 2025 os seus 40 anos de actividade cun evento moi especial: o concerto do cuarteto Cuerdas Atlánticas, que terá lugar este sábado 4 de outubro no Centro Cultural de A Guarda con entrada libre.

Coincidindo con esta efeméride, Infomiño.com ofrece unha entrevista exclusiva con Agustín Ferreira, presidente e fundador da entidade, quen fai balance destas catro décadas de traballo en defensa da natureza e reflexiona sobre o presente e o futuro do ecoloxismo na comarca do Baixo Miño.

1. ANABAM cumple 40 años. ¿Qué significa para usted y para la asociación haber alcanzado esta cifra redonda?
Dende un punto de vista persoal, unha grande satisfacción porque conseguir que unha entidade conservacionista, con escasos recursos e independente, movéndose nun campo tan problemático como é o ecoloxismo, non é unha tarefa doada. Ademais formamos parte dunha entidade pequena que traballa a nivel comarcal e iso, marca moito.

Por outra banda, tristura, porque se sigue precisando das entidades ambientalistas para tratar de minorar os desastres que a especie humana produce no entorno natural e na súa diversidade.

2. ¿Cómo recuerda aquellos primeros años de ANABAM en la década de los ochenta, cuando surgió el movimiento conservacionista gallego?
Foi unha etapa que eu denomino a “idade de ouro” do ecoloxismos galego, onde case que en cada esquina desta terra galega había un grupo ecoloxista (ou varios) formada por xente, sobre todo moza, preocupada pola protección e defensa do medio ambiente. Hoxe, por desgraza, iso non ocorre e a maior parte dos grupos están formados por xente que xa non é tan moza e mesmo, pouco numerosa.

3. A lo largo de estas cuatro décadas, ¿cuáles diría que han sido los principales hitos o logros de la asociación?
Temos, en efecto, algúns moi importantes. Sería moi prolixo nomear todos, así que, como mostra poñemos os seguintes: evitamos a construción dun campo de golf na illa Boega; tamén evitamos a construción doutro campo de golf no humedal de Pinzás.

Por tres ocasións conseguimos que na desembocadura do Miño, concretamente no Pasaxe, se construíra un porto deportivo. Conseguimos que a zona de caza, na desembocadura do Miño, se declarase, naquela, Refuxio de Caza, evitando así a actividade cinexética, para posteriormente fose declarado como un enclave da Rede Natura.

Recuperamos especies desaparecidas por mor das intervencións humanas: no areal da praia de Camposancos, especies documentadas polo botánico Baltasar Merino no ano 1905. Fomos pioneiros a nivel estatal e portugués —posiblemente tamén europeo— en poñer en práctica métodos efectivos para salvar á píllara das dunas, coa instalación de gaiolas directamente nas praias. E así, poderiamos seguir citando outros logros.

4. Una de las iniciativas más visibles ha sido la protección de los nidos de golondrina en el Baixo Miño. ¿Cómo valora la respuesta social y qué resultados han conseguido?
Cada vez máis, estamos vendo como se están destruíndo os niños das diferentes especies de andoriñas que cada primavera nos visitan. Ademais, as bodegas e cabanóns onde criaban antes foron convertidas en garaxes, con portas que se pechan á tardiña ou, directamente, todo o día. Iso fai que estas aves non teñan bos lugares de aniñamento.

Grazas a esta campaña de protección, imos dando pasos, certo que moi lentos, pero van dando os seus froitos. Temos constancia de propietarios que empezaron a favorecer a entrada das andoriñas nos seus garaxes, facendo nos portais unha pequena abertura. Neste caso, temos que agradecer o apoio prestado polos concellos de A Guarda, O Rosal e Tomiño.

5. En este aniversario han querido unir cultura y conservación, trayendo a A Guarda por primera vez al cuarteto Cuerdas Atlánticas. ¿Por qué esta apuesta cultural en la celebración?
A cultura forma parte de ANABAM dende os seus inicios. Damos preferencia á natureza, pero o patrimonio cultural vai moi unido a ela. Quixemos celebrar estes corenta anos cun grupo musical novo para A Guarda, cunha proposta que vai da música clásica á máis moderna, e así decantámonos por Cuerdas Atlánticas.

6. ¿Cómo ha cambiado la sensibilidad ambiental de la ciudadanía desde los años 80 hasta hoy en la comarca del Baixo Miño?
Persoalmente penso que non moito. Hai máis coñecemento e fálase máis de medio ambiente, pero as accións non van parellas co pensamento teórico. Seguen a producirse impactos negativos no medio que se disfrazan con palabras de moda como “sostibilidade”.

7. ¿Qué papel han jugado las escuelas y la educación ambiental en el trabajo de ANABAM durante estos años?
Lamentablemente ningún, a excepción dos primeiros anos, nos que algúns profesores contactaban con ANABAM para desenvolver traballos conxuntos: plantacións, recollidas de lixo, visitas guiadas.

8. En los últimos tiempos, el cambio climático y la pérdida de biodiversidad son temas centrales. ¿Cuáles son los retos más urgentes que afronta el Baixo Miño en materia ambiental?
Debería tomarse en serio, por parte das administracións, protexer e conservar os poucos espazos naturais que nos quedan e a súa biodiversidade. O medio ambiente segue a ser a materia pendente dos nosos políticos.

9. ANABAM es una entidad con fuerte arraigo local, pero también con colaboraciones a nivel gallego e internacional. ¿Qué importancia tiene esa red de cooperación para su labor?
Estando na fronteira, a colaboración é imprescindible. Mantemos contactos con entidades e administracións de ambas beiras do Miño e tamén colaboramos en Portugal, investindo cada ano arredor de 5.000 € na protección da píllara das dunas, en cooperación con entidades como o CMIA de Viana do Castelo.

10. Tras 40 años de actividad, ¿cuál es el balance personal que hace como presidente de la asociación?
O balance persoal é positivo. Esta asociación, que fundei hai 40 anos, deume a posibilidade de estar preto da natureza e coñecer a marabillosa paisaxe que temos no Baixo Miño.

11. ¿Qué proyectos o líneas de trabajo tiene ANABAM para los próximos años? ¿Dónde pondrán el foco en esta nueva etapa?
Seguiremos desenvolvendo os traballos iniciados e, segundo as necesidades, poderemos iniciar outros novos.

12. Para terminar, ¿qué mensaje le gustaría trasladar a la ciudadanía del Baixo Miño en este aniversario tan especial?
Que só temos un planeta, unha casa común, e debemos facer esforzos por mantela nas mellores condicións.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí