Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Agustín González Rodríguez toma posesión do seu cargo de concelleiro do BNG e entra no goberno municipal

O edil é o máis novo da corporación e aínda que a súa área de traballo non está definida de momento, asegura ter moita ilusión

O edil é o máis novo da corporación e aínda que a súa área de traballo non está definida de momento, asegura ter moita ilusión

Etiquetas del contenido

Fecha: 14 de Julio de 2021

Fuente: BNG Tomiño

Durante a sesión plenaria de carácter ordinaria celebrada onte no Concello de Tomiño, tomou posesión do seu escano o novo concelleiro do Grupo Municipal do BNG, Agustín González Rodríguez.

 

O novo edil, de 28 anos e veciño de Forcadela, vén ocupar o lugar do edil Ismael Troncoso, que dimitiu da súa praza o pasado mes de maio.

 

Agustín González Rodríguez é a persoa máis nova do grupo nacionalista (e da corporación), formado por 11 concelleiros/as dos/das 17 que integran a corporación municipal.

 

Esta é a primeira vez que se desenvolverá en política e ocupaba o 13º lugar na lista das últimas eleccións municipais. Se ben aínda non está definida a área da que se ocupará dentro do equipo de goberno (sen dedicación parcial nin exclusiva), o novo edil afirma ter moita ilusión e estar desexoso de comezar a traballar por Tomiño.

 

Aínda que non se imaxinaba entrando a formar parte da corporación local de Tomiño, asegura ter desfrutado do seu primeiro pleno como concelleiro, do que salienta o ambiente de diálogo e respecto reinante no hemiciclo.

 

Con estudios medios de FP en Electrónica, traballa nunha fábrica da zona e preside o Tomiño FC Feminino dende hai 9 anos, ademais de colaborar adestrando a nenos e nenas de fútbol base. Anos antes xogou ao fútbol na AD Tomiño e tamén no Tebra FC e traballou varios anos no sector da hostalaría.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí