Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Aínda quedan prazas para as actividades de verán organizadas polo Concello de Tomiño

O primeiro en comezar é o cursiño de promoción do piragüismo para nenos e nenas, que terá lugar do 28 de xuño ao 8 de setembro

O primeiro en comezar é o cursiño de promoción do piragüismo para nenos e nenas, que terá lugar do 28 de xuño ao 8 de setembro

Etiquetas del contenido

Fecha: 22 de Junio de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

Aínda quedan prazas vacantes nalgunhas das actividades deportivas, culturais, medio ambientais, etc. organizadas polo Concello durante este verán.

A inscrición está aberta dende o día 1 de xuño e a esta altura do mes, xa hai moitas persoas apuntadas nas diferentes disciplinas.

O primeiro en comezar é o cursiño de promoción do piragüismo para nenos e nenas de entre 8 e 14 anos, e que terá lugar do 28 de xuño ao 8 de setembro, sendo requisito fundamental saber nadar. O custe da actividade é de 15 euros en total.

Saber nadar e ter alo menos 14 anos, é requisito para poder participar na actividade "Rutas ambientais de descenso en kayak polo río Miño", que se desenvolverá todos os sábados de xullo e agosto, cun prezo de 5 euros por cada xornada na que se participe. Esta actividade é a que máis prazas vacantes ten ata o momento.

Campus
Tamén quedan algunhas prazas para os campus de fútbol, tenis e pádel.

O primeiro terá lugar entre o 18 e o 30 de xullo e poderán participar nenos e nenas de entre 5 e 16 anos. Prezo da actividade 55 euros. Colaboran Goián F.C. e A.D. Tomiño.

Pola súa banda, os campus de tenis e pádel, desenvolveranse durante os meses de xullo e agosto, destinados a nenos e nenas de entre 6 e 16 anos, e tendo un custe mensual de 20 euros por participante.

Campamento Urbano
Outra das actividades que volve a estar na programación de verán é o Campamento Urbano, para nenos e nenas nados entre os anos 2004 e 2011. A actividade terá lugar do 4 ao 29 de xullo en horario de mañá, cun custe de 25 euros, e é a única que xa ten lista de agarda.


Por último, o programa ofrece tamén clases de Ioga Tibetano e Taichi para persoas de máis de 18 anos de idade. O curso desenvolverase nos meses de xullo, agosto e setembro, cun custe total de 15 euros por participante.


Para máis información e inscricións, é necesario contactar co servizo de mocidade, cultura e deportes, no teléfono 986 622001; pasar pola OMIX (A Rocha, 8) en horario de mañá, ou ben enviar un correo ao enderezo omix@concellotomino.com

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí