Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Alfonso Rueda encarga a Nico Montes a tarefa de -crear riqueza en Tui e recuperar o tempo perdido- cando sexa alcalde

Nico Montes lidera un proxecto -de xente nova e loitadora que comparte a mesma paixón e ilusión- por servir aos veciños de Tui

Nico Montes lidera un proxecto -de xente nova e loitadora que comparte a mesma paixón e ilusión- por servir aos veciños de Tui

Etiquetas del contenido

Fecha: 13 de Marzo de 2023

Fuente: PP de Tui

  • O presidente do Partido Popular de Galicia apoiou a candidatura de Nico Montes en Tui porque “non é sinxelo ter un líder tan valente e que xa teña definido un equipo forte e preparado” para chegar ao Goberno local

 

  • Encargoulle a tarefa de “recuperar o tempo e as oportunidades perdidas” por un alcalde que “non tiña moitas ganas de presentarse ata que coñeceu o nome do candidato do PP e non tivo máis remedio que facelo”

 

  • Alfonso Rueda sinalou que, fronte aos que “sempre pensan nos partidos antes que no seu pobo”, o PP en Tui ofrece un proxecto forte e unido no que “non sobra a opinión de ninguén e no que todos os veciños e as veciñas se poden sentir identificados cun candidato que sabe como coidalos”

 

  • O líder dos populares galegos asegurou que Nico Montes “será intelixente para crear riqueza e apoiar o emprendemento en Tui” nunha época na que outros gobernantes se dedican a “perseguir, culpar e sinalar aos autónomos e aos empresarios das dificultades económicas da xente“

 

  • Rueda reafirmou o compromiso da Xunta de Galicia para rematar a Vía de Alta Capacidade (VAC) entre Tui e A Guarda, entre o polígono empresarial de Areas e a autovía A-55, así como para apoiar a conexión ferroviaria con Portugal

 

  • Así mesmo, prometeu que volverá a Tui na campaña electoral: “Votar ao PSOE nas municipais non é votar só ao candidato socialista, é darlle forzas a Pedro Sánchez para que siga na Moncloa co escándalo do Tito Berni e sen recoñecer que a Lei do só si é si vai rematar grazas aos votos do PP”

 

 

  • Alfonso Rueda concluíu asegurando que o PPdeG terá “moitas alegrías” o 28 de maio e mostrándose convencido de que Nico Montes vai ser o novo alcalde de Tui: “A vitoria dos populares de Tui contribuirá para que Alberto Núñez Feijóo o teña un pouco máis fácil nas xerais. Estamos preparados”

 

NICO MONTES: “TUI NECESITA UN PROXECTO NOVO CON URXENCIA”

 

  • O candidato do PP á alcaldía asegurou que “Tui necesita un proxecto novo con urxencia, capaz de dar resposta a todos os retos que temos por diante. Os tudenses precisan ilusión, ambición e crer no futuro. O Goberno local transmite desgana, apatía, desunión e falta de enerxía”  

 

  • Nico Montes prometeu aos seus veciños que liderará un proxecto “coa mesma paixón e ilusión” coa que xestiona o seu negocio, xoga ao baloncesto ou comparte o seu tempo libre coa súa familia. “Estou convencido de que somos imparables. Queda moito traballo por facer, pero somos un partido que se crece ante as adversidades e no que os seus militantes son capaces do mellor”, destacou

 

  • Para o alcaldable só existe unha maneira de gañar as eleccións municipais: “Temos que estar unidos. A forza do noso grupo é a garantía da vitoria. Nin o Partido Popular nin Tui se merecen menos”

 

  • “Poño voz a un grupo de mulleres e homes mozos, loitadores, preparados e acostumados a solucionar e xestionar os problemas do día a día. Únenos un sentimento común por Tui e as ganas de servir á nosa cidade e devolverlle todo o que nos deu”, concluíu
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí