Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Alumnado de Ames coñece de preto a Eurocidade Cerveira-Tomiño grazas ao programa Erasmus+

A rapazada de Ames visita Tomiño e Vila Nova de Cerveira para aprender sobre as institucións locais, o patrimonio natural e a cooperación transfronteiriza ao abeiro do programa Erasmus+ Jean Monnet.

A rapazada de Ames visita Tomiño e Vila Nova de Cerveira para aprender sobre as institucións locais, o patrimonio natural e a cooperación transfronteiriza ao abeiro do programa Erasmus+ Jean Monnet.

Etiquetas del contenido

Fecha: 21 de Junio de 2025

Fuente: Jorge Alonso Daldea (Director Infomiño.com)

O alumnado de terceiro ciclo do CEIP de Barouta, no concello de Ames, viviu unha xornada única de aprendizaxe e convivencia no corazón da Eurocidade Cerveira-Tomiño, unha iniciativa transfronteiriza que une Galicia e Portugal a través da cooperación institucional, cultural e educativa.

Esta viaxe, organizada ao abeiro do programa Erasmus+ Jean Monnet, tivo como obxectivo achegar aos nenos e nenas ao funcionamento das institucións locais de ambos lados do Miño, reforzar os lazos veciñais e descubrir o rico patrimonio natural e histórico que comparten Tomiño e Vila Nova de Cerveira.

Durante a visita, a rapazada tivo ocasión de entrar nas casas consistoriais dos dous municipios, coñecer o traballo institucional e intercambiar impresións coas autoridades locais. Tamén se achegaron ao sector económico coñecendo a empresa Casaita, representativa do viveirismo da zona, un dos motores económicos de Tomiño.

A xornada incluíu visitas a lugares emblemáticos como a Fortaleza de Goián, o Miradoiro do Cervo ou o Castelo de Cerveira, mesturando cultura, historia e paisaxe. Para completar a experiencia, o grupo participou en actividades ao aire libre como kayak, bicicleta e minigolf, convertendo a aprendizaxe en diversión.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e o presidente da Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Rui Teixeira, destacaron a importancia desta actividade: “Representa unha oportunidade única para que a mocidade descubra, viva e sinta o que significa compartir un territorio común. Son experiencias que constrúen vínculos desde idades temperás, fortalecendo a nosa identidade e proxectando un futuro baseado no respecto e a colaboración transfronteiriza.”

O CEIP de Barouta expresou o seu agradecemento aos dous concellos pola excelente acollida e pola colaboración activa, valorando positivamente a posta en marcha de iniciativas que promoven o coñecemento mutuo, o diálogo intercultural e a amizade entre comunidades veciñas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí