Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Alumnado do CEIP Sinde celebra o Día Mundial do Medio Ambiente

O resultado final despois de todo o traballo realizado foi a presentación dun cartel do que debes facer para ser un bo Peregrino.

O resultado final despois de todo o traballo realizado foi a presentación dun cartel do que debes facer para ser un bo Peregrino.

Etiquetas del contenido

Fecha: 05 de Junio de 2021

Fuente: Concello da Guarda

O venres día 4 de xuño de 2021  Salón de Plenos do Concello da Guarda acolleu un acto no cal alumnado do CEIP Manuel Rodríguez Sinde fixeron entrega ás autoridades locais de varios carteis nos que se amosa en tres linguas e con debuxos o que debe de ser un bo peregrino.

Antonio Lomba, Alcalde da Guarda, amosouse moi sorprendido e interesado por esta iniciativa, dando os parabéns aos alumnos presentes, co compromiso adquirido de colocar estes carteis nos espazos polos que circulan os peregrinos que realizan o Camiño Portugués pola Costa ao seu paso pola vila, como é a Estación Marítima, a Oficina de Turismo ou o Albergue Municipal.

Esta iniciativa nace do proxecto de Voz Natura no cal participa este centro educativo da Guarda e no que empregaron o Camiño de Santiago como fío condutor desde Bibliosinde co ?n de xuntar esforzos e levar a todo o profesorado pola mesma senda.

Atravesa a nosa localidade un tramo do Camiño  Portugués a Santiago de Compostela, polo que involucrar a toda a comunidade educativa foi doado e moi interesante. Descubrindo dúas sendas dun gran valor etnográfico e paisaxístico, o tramo que vai desde a Pasaxe pasando por Camposancos e Monte Trega; e a senda pola costa, Area Grande e as cetarias Redonda e Altiña. Visitouse o albergue de A Guarda e fíxose o tramo que pasa polo centro da vila.

A participación do alumnado na proposta de facer andainas polos diferentes tramos do camiño foi do 100%. Dende os máis pequenos ata os maiores todos os cursos realizaron saídas para coñecelo. Os cursos de 5º e 6º de primaria fixeron un tramo en Oia e visitaron Santiago de Compostela.

A concienciación do alumnado do seu valor e a importancia da súa conservación foron os obxectivos prioritarios, fomentando a participación das familias e facendo as diferentes etapas cos seus fillos e fillas e así conseguiron un selo na súa credencial de peregrinos no Sinde.

O resultado final despois de todo o traballo realizado foi a presentación dun cartel do que debes facer para ser un bo Peregrino. Cartel que se fixo en tres idiomas, galego, castelán e inglés, e no que participou todo o alumnado do centro.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí