Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Ana Pontón presenta a Carme Núñez como candidata á Alcaldía de Tui polo BNG nunha sala UNED que ficou pequena

Foron decenas as persoas que tiveron que quedar portas afora deste acto de presentación no que tamén falaron o Respónsabel Local, Xosué Campos, o histórico concelleiro, Xose M. Tato e a propia candidata.

Foron decenas as persoas que tiveron que quedar portas afora deste acto de presentación no que tamén falaron o Respónsabel Local, Xosué Campos, o histórico concelleiro, Xose M. Tato e a propia candidata.

Etiquetas del contenido

Fecha: 05 de Abril de 2023

Fuente: BNG Tui

A portavoz nacional, Ana Pontón, participou este martes na presentación da candidatura do BNG en Tui ás eleccións municipais do 28M, que encabeza Carme Núñez, convencida de que a cita coas urnas traerá un novo goberno do bloque na comarca capaz de abrir un tempo novo para un Tui esquecido.

“Carme é un exemplo de muller coherente, firme e constante e que conta cun equipo cun proxecto claro e innovador para Tui”- afirmou a portavoz nacionalista.

Foron decenas as persoas que tiveron que quedar portas afora deste acto de presentación no que tamén falaron o Respónsabel Local, Xosué Campos, o histórico concelleiro, Xose M. Tato e a propia candidata.

“Tui merece máis, merece un proxecto sólido, con ideas e propostas para mellorar sobre todo, a calidade de vida dos veciños e veciñas”, destacou Carme Núñez. “Exemplos do que somos capaces de facer, témolos ben cerca”, recalcou en referencia aos concellos de Tomiño e O Rosal, cuxas alcaldesas estaban presentes en primeira fila.

A candidata presentou unha lista renovada máis con experiencia, con moitos sentires diversos pero que teñen un nexo común: que Tui ten todas as condicións para ser un concello referencial e están dispostas a traballar por isto.

Ao rematar o cálido encontro houbo tempo para o convivio entre os máis de dous centenares de asistentes cunha chocolatada e petiscos de orixe local.

“Estamos moi agradecidos e ante unha oportunidade histórica para a que precisaremos de todas vos. Podedes contar co noso compromiso. Grazas e adiante!”- rematou entre aplausos a candidata.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí