Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Ana Pontón reclama una gobernanza conjunta del Miño para acabar con el abandono institucional

La portavoz nacional del BNG defiende una estrategia de regeneración ambiental, económica y social para el Miño, financiada con fondos transfronterizos y con participación de todos los niveles institucionales.

La portavoz nacional del BNG defiende una estrategia de regeneración ambiental, económica y social para el Miño, financiada con fondos transfronterizos y con participación de todos los niveles institucionales.

Etiquetas del contenido

Fecha: 24 de Mayo de 2025

Fuente: BNG

 

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) anunciou a posta en marcha dunha ofensiva institucional para reclamar a creación dunha autoridade única de gobernanza que xestione o espazo transfronteirizo do río Miño. Así o anunciou a portavoz nacional da formación, Ana Pontón, durante unha reunión interparlamentaria celebrada en Tui, baixo o título O río Miño transfronteirizo: un espazo estratéxico para Galiza.

A proposta nacionalista nace co obxectivo de dar resposta á situación de abandono que, segundo Pontón, sofre este territorio por parte dos dous estados implicados –España e Portugal– e tamén da Xunta de Galicia. “Facemos esta proposta para acabar co abandono por parte de todas as administracións dun territorio fundamental para o noso País”, subliñou.

O BNG propón a creación dun instrumento de gobernanza conxunta que dispoña de competencias transferidas polos estados e que xestione recursos económicos específicos. Esta autoridade única permitiría unha toma de decisións coordinada sobre cuestións como a protección ambiental, a xestión pesqueira, o desenvolvemento turístico e a promoción económica da zona.

Segundo explicou Pontón, os fondos transfronteirizos actualmente en mans dos estados e da Xunta deberían destinarse directamente a este novo organismo, garantindo que chegan á poboación local e que se aplican a necesidades reais do territorio.

Na reunión participaron representantes políticos de alto nivel do BNG, entre eles a eurodeputada Ana Miranda, a senadora Carme da Silva e varios alcaldes e alcaldesas da comarca do Baixo Miño. A proposta inclúe tamén unha estratexia integral de rexeneración ambiental do río Miño, cun plan de actuacións dotado de cronograma e financiamento.

Outro dos puntos clave da iniciativa é o apoio á pesca artesanal, unha actividade que xa xera emprego para unhas 200 persoas na zona e que, segundo o BNG, ten un gran potencial de crecemento económico e social.

Pontón destacou que modelos de gobernanza similares xa funcionan con éxito noutras rexións do mundo, como na conca do Danubio ou entre Arxentina e Uruguai. Actualmente, o único órgano existente é a Comisión Permanente Internacional do río Miño, de carácter militarizado e obsoleta. “Necesitamos instrumentos do século XXI e non do século XIX”, sinalou.

O BNG comprométese a levar esta proposta a todas as institucións competentes: concellos, Parlamento de Galicia, Cortes Xerais e Parlamento Europeo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí