Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Andatui organiza este sábado día 11 de xullo a XVII Andainatudense Solidaria 2020

Un ano máis a acción solidaria irá destinada a SOS Tomiño Baixo Miño

Un ano máis a acción solidaria irá destinada a SOS Tomiño Baixo Miño

Fecha: 09 de Julio de 2020

Fuente: AndaTui

Este ano a saída será desde a praza de san Fernando, diante da Catedral de Tui, ás 10 da mañá. Colleremos o Camiño Portugués ata a Virxe do Camiño onde, por diversos sendeiros, encararemos a subida ao monte Aloia. Pasaremos polo rego de pedra e enlazaremos co antigo camiño dos romeiros que subían ao monte no día da Virxe das Angustias, finalmente recorreremos parte da muralla ciclópea que nos levará ata a capela de san Xiao, onde xantaremos. Pola tarde iniciaremos o descenso recorrendo outro tramo da muralla ciclópea para baixar ao sendeiro do regato Cotarel, atravesaremos polo xardín botánico e pasaremos pola espectacular faia, unha das árbores máis senlleiras do monte Aloia e posiblemente a maís fermosa de Galicia. Xa no tramo final camiñaremos ao carón do río Tripes antes de chegar ao paseo da Corredoira, lugar escollido este ano para rematar a XVII Andainatudense Solidaria.

Un ano máis a acción solidaria irá destinada a SOS Tomiño Baixo Miño, polo que no momento da recollida de dorsais aconsellamos aos participantes entreguen un quilo, ou máis, de alimentos non perecedoiros.

Xa están abertas as inscricións na páxina www.andatui.es . O prezo é de 10 euros e as inscricións que finalizarán o mércores 8 de xullo.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones