Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Andrea Pousa preestrea este venres o seu novo traballo -Retorno- na programación cultural de San Telmo en Tui

Pista Castro e Circo Chosco actuarán tamén o venres

Pista Castro e Circo Chosco actuarán tamén o venres

Etiquetas del contenido

Fecha: 09 de Abril de 2021

Fuente: Concello de Tui

Música e espectáculos circenses centrarán mañá venres, 9 de abril, a terceira xornada da programación cultural de San Telmo.

 

Ás 17 h o Paseo da Corredoira volverá a encherse de cor e ilusión co pasarrúas que realizará Pistacatro co espectáculo “O Circo”. Volverá actuar ás 19 h.

Xa na carpa situada na Corredoira ás 18h actuará Circo Chosco co espectáculo “Riscando o Ceo”. Unha actuación para a que xa non quedan entradas dispoñibles. Un espectáculo para todos os públicos e inspirado no Principiño. Unha representación próxima e moi visual que fai que o público viaxe co perigo e a risa. Na mesma o circo aparece en forma de humor, maxia, risco, malabar, acrobacias e equilibrios imposibles.

Ás 20 h no Teatro Municipal de Tui a artista Andrea Pousa preestrea o seu segundo traballo discográfico “Retorno”, nun concerto que chega  da man do programa Musigal da Deputación. Un traballo no que converte en vangarda as súas raíces, marcando un antes e un despois na súa traxectoria musical. Neste traballo Andrea Pousa compuxo gran parte das letras e melodías do álbum baixo a produción do compositor e pianista portugués Paulo Borges. Estará acompañada no escenario por Miquel Queixas, Rafael Morales, Francisco J. Vaz, e Diego Mosquera. Será cunha posta en escena moi coidada e visual na que proxectarán vídeo creacións  e na que participarán tamén seis bailarinas de danza contemporánea.

As entradas poden reservarse gratuitamente en tui.gal, estando o aforo limitado a 180 butacas.

Por outra parte lembramos que pode visitarse na Sala de Exposicións Municipal, na Área Panorámica, a mostra “Estampas anagrámicas de Rafael García Sánchez”.

Programación de Actividades de San Telmo 2021

Do 7 ao 12 de abril

  • Na Sala de Exposicións Municipal “Estampas anagrámicas de Rafael García Sánchez”

Venres 9

  • Ás 17 h no Paseo da Corredoira pasarrúas PISTACATRO “O Circo“
  • Ás 18 h na carpa no Paseo da Corredoira CIRCO CHOSCO “Riscando o Ceo”
  • Ás 19 h no Paseo da Corredoira pasarrúas PISTACATRO “O Circo“
  • Ás 20 h no Teatro Municipal ANDREA POUSA “Retorno”
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí