Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Antonio Lomba asegura que -afrontaremos a execución do acceso sur ao porto da Guarda-

Patrimonio aprobou o trazado escollido polo equipo de goberno socialista

Patrimonio aprobou o trazado escollido polo equipo de goberno socialista

Etiquetas del contenido

Fecha: 24 de Mayo de 2023

Fuente: Socialistas da Guarda

Antonio Lomba asegura que “no próximo mandato afrontaremos, coa colaboración doutras administracións, a execución do Acceso Sur ao porto da Guarda”.

Para Antonio Lomba e a súa candidatura, é unha obra prioritaria. A súa aprobación por parte da Xunta e da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural leva tempo na axenda dos socialistas, que da man da Deputación de Pontevedra traballaron para adecuar o proxecto ás esixencias técnicas e os diferentes requirimentos.

“Necesitamos esta obra para rematar coa humanización do centro da Guarda e ter unha comunicación eficaz co porto; xa temos a aprobación por parte de Patrimonio ao trazado escollido polo noso equipo de goberno”, subliña Antonio Lomba, candidato á reelección nos comicios deste 28 de maio.

O actual alcalde insiste en que se trata “dun itinerario que vai por enriba do Muiño de vento para protexer o paseo litoral e deixalo para desfrute das persoas e libre de coches”.

Antonio Lomba critica a actitude por parte do BNG en todo este proceso, no que se dedicou “a embarrar o campo dicindo que tiñamos que redactar un novo proxecto pola beira do mar”. “Logo falan de humanizar e ganar espazo para as persoas”, afirma.

Afrontar, coa colaboración doutras administracións, a execución do Acceso Sur ao porto é clave no proceso de facer da Guarda unha vila amable para as persoas como recolle no seu programa o Partido Socialista, que tamén inclúe, entre outras medidas, a xestión da senda arredor do Trega, urbanizar a rúa Malteses e continuar coa remodelación da rúa Coruña nunha segunda fase ata chegar ao Centro Cultural.

“Tamén impulsaremos a mellora da seguridade na zona escolar da Sangriña e na de Solanas, así como a remodelación da rúa Manuel Álvarez”, engade Antonio Lomba.

A humanización da Guarda que propón a candidatura socialista insiste, así mesmo, na ampliación dos aparcadoiros disuasorios en distintos puntos do casco urbano.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí