Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Antonio Lomba considera -unha prioridade para o próximo mandato xestionar a construción dun centro de día nunha parcela de titularidade municipal-

Antonio Lomba, candidato socialista á reelección como alcalde da Guarda, considera -unha prioridade para o próximo mandato xestionar a construción dun centro de día nunha parcela de titularidade municipal-

Antonio Lomba, candidato socialista á reelección como alcalde da Guarda, considera -unha prioridade para o próximo mandato xestionar a construción dun centro de día nunha parcela de titularidade municipal-

Etiquetas del contenido

Fecha: 23 de Mayo de 2023

Fuente: PSOE de A Guarda

-Se A Guarda quere fixar poboación, temos que ofrecer uns bos servizos públicos, por iso é tan necesario o centro de día e desde o concello tomaremos todas as medidas necesarias para que sexa unha realidade-, explica.


As competencias para a posta en marcha dun centro de día son da Xunta de Galicia, pero os socialistas -cumpriremos co que está da nosa man, que é poñer unha parcela municipal á súa disposición e impulsar o centro-.


Antonio Lomba quere poñer en valor ademais as medidas que se puxeron en marcha nos últimos catro anos para as persoas maiores. -Pechamos o mandato municipal cun Servizo de Axuda no Fogar (SAF) que presta máis de 26.500 horas anuais de atención aos nosos veciños e veciñas-, afirma o candidato socialista, que garante que -incrementaremos un 40% a partida municipal para este contrato-.


-Tamén estamos satisfeitos e potenciaremos o programa -Cultiva a túa mente- para fomentar o envellecemento activo e previr as demencias-, engade.


-O centro de día para A Guarda é estratéxico, un servizo que necesitan as persoas maiores do noso concello e para o que traballaremos sen descanso se obtemos este domingo a confianza dos veciños e veciñas-, remata Antonio Lomba.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí