Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Antonio Lomba lamenta que -o señor Rueda marchase da Guarda sen prometer solucións ás cuestións que o concello lle ten plantexadas á Xunta desde hai anos-

-Serei eu quen xestione diante da Xunta aqueles proxectos que A Guarda necesita, como o veño facendo ata agora-, afirma o candidato socialista

-Serei eu quen xestione diante da Xunta aqueles proxectos que A Guarda necesita, como o veño facendo ata agora-, afirma o candidato socialista

Etiquetas del contenido

Fecha: 19 de Mayo de 2023

Fuente: Socialistas da Guarda

Antonio Lomba, candidato socialista á alcadía da Guarda, lamenta que “o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, viñera onte ata A Guarda e marchase sen prometer solucións ás cuestións que o concello lle ten plantexadas á Xunta".

“Seguiremos esperando por parte da Xunta e do candidato do PP vontade política para desbloquear proxectos moi importantes para a Guarda que son competencia do goberno autonómico, rexeitando por exemplo apoiar o acceso sur ao porto, unha infraestrutura fundamental para o noso concello”, lembra Antonio Lomba.

“Non fixeron referencia a ningún dos grandes proxectos para A Guarda que dependen da Xunta; ou o señor Rueda non sabe nada da realidade da Guarda ou non quere adquirir compromisos porque ten datos de que Roberto Carrero non vai a ser o próximo alcalde”, sostén.

“A Guarda avanza grazas aos investimentos da Deputación, do Goberno estatal, dos fondos europeos que conseguimos desde o concello e dos recursos municipais, é inaceptable a ausencia da Xunta para mellorar a Atención Primaria na sanidade, ou para axilizar as obras da autovía a Tui”, engade.

O candidato socialista fai mención a outros proxectos que son competencia da Xunta, “como a senda arredor do Trega para mellorar o tránsito peonil na PO-352 de Camposancos, ou a renovación do embarcadeiro do ferry a Caminha, impracticable desde o ano 2021”.

Por último, Antonio Lomba garante que "serei eu quen xestione diante da Xunta aqueles proxectos que A Guarda necesita, como o veño facendo ata agora".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí