Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Antonio Lomba reivindica -a solvencia do noso proxecto para A Guarda- nun acto no que recibiu o apoio de Formoso, Besteiro e Regades

-Antonio é o mellor exemplo do que conseguimos os socialistas cando gobernamos-, asegura o secretario xeral do PSdeG

-Antonio é o mellor exemplo do que conseguimos os socialistas cando gobernamos-, asegura o secretario xeral do PSdeG

Etiquetas del contenido

Fecha: 15 de Mayo de 2023

Fuente: PSOE A Guarda

Antonio Lomba, candidato socialista á reelección como alcalde nas municipais de 28 de maio, reivindica “a solvencia, a seriedade e a garantía de progreso para A Guarda do noso proxecto”.

Os socialistas da Guarda celebraron un acto multitudinario no que contaron co apoio do secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso; o delegado do Goberno de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, e o secretario xeral provincial, David Regades.

“Poño en valor a súa capacidade de xestión, Antonio Lomba é o mellor exemplo do que conseguimos os socialistas cando gobernamos”, asegurou o secretario xeral do PSdeG, “chamando a todas as portas para mellorar a vida dos seus veciños e veciñas”.

"Estou seguro de que vai ter un respaldo masivo polo que leva feito, cunha transformación da Guarda que continuará nos próximos catro anos”, engadiu Formoso.

Pola súa parte, David Regades destacou “a capacidade de traballo de Antonio Lomba e Montse Magallanes, innovando cada día e predicando co exemplo, o único que fan e traballar polo seu concello", lembrando “as súas xestions para desbloquear o polígono industrial ou para lograr o acceso sur ao porto da Guarda”.

O candidato á alcaldía, Antonio Lomba, afirmou que "executamos máis do 80% do programa electoral e acadamos máis de sete millóns de euros de investimentos para o concello neste mandato, incluídos fondos europeos”, polo que afronta estas eleccións “con optimismo, convencido de que representamos a máis seria opción de goberno para A Guarda”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí