Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Anxo Baz: -é o momento de que o BNG lidere o goberno da Guarda para solucionar os problemas da veciñanza-

O candidato á Alcaldía da Guarda polo BNG, Anxo Baz, comprométese a traballar na defensa dos intereses da Guarda liderando o vindeiro goberno municipal para mellorar a calidade de vida da veciñanza.

O candidato á Alcaldía da Guarda polo BNG, Anxo Baz, comprométese a traballar na defensa dos intereses da Guarda liderando o vindeiro goberno municipal para mellorar a calidade de vida da veciñanza.

Etiquetas del contenido

Fecha: 22 de Mayo de 2023

Fuente: BNG A Guarda

O candidato á Alcaldía da Guarda polo BNG, Anxo Baz,  comprométese a traballar na defensa dos intereses da Guarda  liderando o vindeiro goberno municipal para mellorar a calidade de vida da veciñanza.

 

O nacionalista manifestou “queremos  construír  a Guarda do futuro e  sacala  do estancamento que padece. Por iso  apostamos por   un concello amigo, que escoite,  próximo aos intereses e preocupacións da veciñanza. Se o BNG foi clave na reforma integral do Pavillón, queremos ser os actores principais na transformación do mercado municipal, da piscina, da biblioteca, do conservatorio”.

 

Entre as moitas propostas que foi debullando ao largo da súa intervención afirmou “precisamos con urxencia  un goberno que estableza como unha prioridade a comunicación da Guarda con Caminha  e traballe con decisión ata conseguilo”

 

Por outra parte, o deputado do BNG no Congreso erixe a Anxo Baz como o futuro alcalde que precisa o concello da Guarda e sinala que o equipo do BNG está preparado para liderar o vindeiro goberno municipal, permitindo así, desenvolver políticas verdadeiramente transformadoras que muden, en positivo, a vida da xente. “Queremos estender e mellorar os servizos públicos, temos esa vocación, e mesmo queremos dotar de máis recursos o concello para mellorar a calidade da vida da xente” salienta Rego.

 

Mais, para este obxectivo, Néstor Rego explica que o grupo municipal do BNG no Concello da Guarda non só contará co apoio dos concelleiros nacionalistas, senón co apoio “de toda a organización do BNG que xa ten experiencia e proxectos municipais consolidados”. “A marca de concellos BNG é unha marca de prestixio dentro do proxecto nacionalista que aspira a mudar a realidade do País e que cumpre con todo aquilo co que se compromete” reivindica o deputado do BNG no Congreso. 

 

Unha organización da que tamén pon en valor o traballo realizado no Congreso que, grazas ao traballo do conxunto da militancia do BNG, “non existe problema nin solución que o BNG non levara á cámara baixa para reclamar ao Goberno do Estado que atenda as necesidades do País”. Neste sentido, Rego destaca o papel da formación nacionalista no Congreso, defendendo de maneira incansábel os intereses dos galegos e galegas, así como das maiorías sociais e as clases populares.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí