Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Apertura de Inscricións para a Gladiator Race Junior na Eurocidade Cerveira-Tomiño

A emocionante carreira de obstáculos celebrarase o 20 de xullo no Espazo Fortaleza de Goián, promovendo a participación de nenos e mozos de ambas beiras da fronteira

A emocionante carreira de obstáculos celebrarase o 20 de xullo no Espazo Fortaleza de Goián, promovendo a participación de nenos e mozos de ambas beiras da fronteira

Etiquetas del contenido

Fecha: 20 de Julio de 2024

Fuente: Concello de Tomiño

A Eurocidade Cerveira-Tomiño organiza a Gladiator Race Junior, un evento deportivo transfronteirizo deseñado para a infancia e a mocidade, enmarcado no Orzamento Participativo Transfronteirizo. Esta carreira de obstáculos, que combina elementos de xogos tradicionais e deportes modernos, terá lugar o próximo 20 de xullo a partir das 10:00 horas no Espazo Fortaleza de Goián.

Con un límite de 400 prazas, a Gladiator Race Junior ofrece unha oportunidade única para que os nenos e mozos poidan desfrutar dunha xornada deportiva ao aire libre, en familia ou coa compañía de amigos. A carreira inclúe diferentes categorías en función da idade, garantindo así a adecuación dos retos a cada grupo.

Os participantes da categoría Mini Kids (7-11 anos) iniciarán a carreira ás 10:00 horas, percorrendo 1000 metros e superando 16 obstáculos. Seguidamente, os nenos e nenas da categoría Kids (3-6 anos) sairán ás 10:30 horas, cubrindo un percorrido de 500 metros con 12 obstáculos, acompañados dunha persoa adulta.

Finalmente, a categoría Junior, destinada a mozos e mozas de 12 a 20 anos, comezará ás 11:30 horas. Os equipos mixtos, compostos por 5 a 7 membros, deberán completar unha carreira de 2,5 km con 25 obstáculos, chegando como mínimo 5 integrantes xuntos á meta.

A inscrición é gratuíta e pode realizarse a través da web da Gladiator Race. Esta actividade non só promove o deporte entre as novas xeracións, senón que tamén fortalece os lazos entre a infancia e mocidade transfronteiriza.

A Gladiator Race Junior é parte da operación 021_REDE_GOV MINHO, cofinanciada ao 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través de INTERREG VI-A POCTEP.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí