Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Apoio militar para os controis fronteirizos de Tui e Tomiño

A colaboración entre exército e Garda Civil para os controis de estradas manteranse durante todo o período do estado de Alarma

A colaboración entre exército e Garda Civil para os controis de estradas manteranse durante todo o período do estado de Alarma

Fecha: 01 de Abril de 2020

Fuente: Subdelegación do Goberno Ponte

A colaboración entre os corpos e forzas de seguridade do Estado continúa desenvolvendo o seu traballo resolutivo de acordo ás directrices marcadas desde o Ministerio do Interior e o Ministerio de Defensa. Así o comunicou a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba informando das actuacións que se van despregando na provincia.

Desta maneira, a partir de hoxe refórzanse as zonas fronteirizas con Portugal para cumprimentar coas restricións de mobilidade nas estradas. Será un mando terrestre das Forzas Armadas o que se poñerá ao dispor da comandancia da Garda Civil de Pontevedra para mellorar os controis en diversos puntos fronteirizos. En concreto estarán situados na PO-405 ao seu paso polo municipio de Arbo e na PO-553 ao seu paso por Tomiño. Igualmente apostaranse na antiga aduana en Tui e en Salvaterra.

Hai que lembrar que soamente se mantén aberto o punto fronteirizo da A-55 entre Tui e Valença do Minho, mantendo os controis de seguridade que se están levando a cabo desde o pasado 17 de marzo tras o decreto do estado de Alarma no noso país.

A subdelegada do Goberno quixo aproveitar a ocasión para mostrar o seu agradecemento a todos os membros dos corpos e forzas de seguridade do Estado adscritos á nosa provincia nesta crise sanitaria "quen estivo a disposición para o cumprimento das medidas necesarias para o mantemento da seguridade de toda a cidadanía e a colaboración en accións de emerxencia que están a ser tan importantes nestes momentos".

De feito, onte e ante a prolongación do Estado de Alarma a subdelegada do Goberno tramitou a instalación dunhas estruturas fixas máis dignas das que se atopaban no control da fronteira na A-55 para que a Policía Nacional e a Garda Civil conten con unhas oficinas provisionais en condicións máis operativas.
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones