Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Aprobadas as subvencións a entidades sen ánimo de lucro do Rosal

O Concello destina 10.000 euros, o dobre do ano pasado, para colaborar na posta en marcha de proxectos sociais no municipio

O Concello destina 10.000 euros, o dobre do ano pasado, para colaborar na posta en marcha de proxectos sociais no municipio

Etiquetas del contenido

Fecha: 06 de Agosto de 2021

Fuente: Concello de O Rosal

O Concello do Rosal acaba de aprobar as subvencións por concorrencia competitiva ás entidades sen ánimo de lucro que desenvolven algún proxecto social no municipio. Este ano a administración local dobrou o orzamento ata os 10.000 euros para fortalecer a súa colaboración con proxectos de inclusión social de persoas en risco de exclusión, campañas de intervención con persoas maiores, dependentes ou con diversidade funcional, plans de atención no ámbito das drogodependencias, e proxectos para a realización de actividades socioculturais destinadas á poboación en xeral.

A alcaldesa, Ánxela Fernández, expón que, con estas axudas, no Concello “queremos colaborar con  proxectos que fan do Rosal e da comarca, moitas destas entidades traballan nun ámbito supramunicipal, un lugar mellor para todas e para todos”. Destaca que o traballo das organizacións sen ánimo de lucro para promover o benestar social da veciñanza a través de accións de prevención, asistencia, incorporación social, fomento e sensibilización da participación cidadán, “é de agradecer, e merecen toda a axuda que lle podamos brindar”.

O prazo para a presentación de solicitudes será de 30 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no BOP de Pontevedra. Esta convocatoria tamén estará publicada na páxina web do Concello. As solicitudes presentaranse no Rexistro electrónico do Concello.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí