Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Aprobadas todas as mocións presentadas polo grupo municipal socialista en Tomiño

No pasado Pleno do Concello de Tomiño, celebrado o día 3 de maio, o grupo Municipal socialista defendeu tres moción rexistradas para someter a debate na sesión, resultando todas aprobadas.

No pasado Pleno do Concello de Tomiño, celebrado o día 3 de maio, o grupo Municipal socialista defendeu tres moción rexistradas para someter a debate na sesión, resultando todas aprobadas.

Etiquetas del contenido

Fecha: 05 de Mayo de 2022

Fuente: PSdG-PSOE Tomiño

No pasado Pleno do Concello de Tomiño, celebrado o día 3 de maio, o grupo Municipal socialista defendeu tres moción rexistradas para someter a debate na sesión, resultando todas aprobadas. A primeira das mocións debatidas foi unha proposta de acordo instando ó Goberno español a reconsiderar a súa postura sobre o Sáhara occidental. Tamén unha proposta de acordo promovida pola Organización Galega de Comunidades de Montes solicitando o apoio da Corporación á sua Iniciativa Lexislativa Popular. Así mesmo , as socialistas conseguiron que o Plenario aprobara por unanimidade a moción sobre o "cruce do Punto" en Goián, na que se solicita acometer a maior brevidade posible a obra de ensanche do citado cruce en dirección a S. Lourenzo, A Gándara, Soutelo e Figueiró.
Violeta de Santiago e Mirta Misa móstranse moi satisfeitas, pois consideran esta actuación necesaria, urxente e prioritaria para a veciñanza, pois é un punto negro no que se refire a seguridade do tráfico rodado e das persoas o carecer de beirarrúas, ser un paso estreito e con moi pouca visibilidade.
Tamén foi aprobada por unanimidade a proposta presentada pola Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Tomiño en representación de SOS Sanidade pública, que logrou unha declaración institucional da corporación municipal en defensa da sanidade e o apoio explícito á manifestación que terá lugar o Xoves dia 12 de Maio en Vigo.
Por outra banda as socialistas rexeitaron aprobar a modificación de créditos levado polo goberno, pois consideran que unha vez máis, os tempos e as formas non son as adecuadas. Unha modificación de máis de 600.000€, levada por urxencia ás Comisión de asuntos Plenarios mesmo sen estar rematada a redacción o inicio da propia Comisión e con erros importantes nos importes, o que impediu acceder a documentación nese momento.
A voceira socialista, califica de improvisada e claramente electoralista esta modificación, que da o pistoletazo de saída á precampaña por parte do goberno do BNG, e afeóulle a dobre vara de medir á hora de defender a filosofía de Francesco Tonucci dependendo do calendario electoral, pois si cando o PSdeG defendía a necesidade de crear parques infantís, a contestación era que os elementos de xogo estaban obsoletos…
por qué agora de repente son necesarios e urxentes tanto nas parroquias como no centro? Tamén preguntamos polo cambio de nome do campo de fútbol municipal do "Regatiño", polo destino das pedras da antiga casa médica, pola falta de alumeado público nalgún lugar, polos horarios da aula de estudo e pregamos campañas de limpeza viaria e de sensibilización e concienciación ante o auxe de verquidos de lixo incontrolados, entre outras moitas cousas que nos demanda a veciñanza.
Así o levamos feito dende o minuto un deste mandato, como se pode comprobar nas Actas e agora por fin (despois de máis de dous anos solicitándoo sin resultado) nas gravacións dos Plenos. É a nosa obriga e responsabilidade e así o seguiremos a facer.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí