Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Arranca a edición máis especial da Feira do Viño do Rosal

Estes 17, 18 e 19 de xullo poderá seguirse toda a programación a través da web da feira (feiradoviño.gal) e doutras plataformas online

Estes 17, 18 e 19 de xullo poderá seguirse toda a programación a través da web da feira (feiradoviño.gal) e doutras plataformas online

Fecha: 17 de Julio de 2020

Fuente: Concello do Rosal

A Feira do Viño do Rosal arranca este venres 17 coa súa edición máis especial e diferente. A través da web feiradoviño.gal e outras plataformas, o público poderá seguir toda a programación da feira, que comeza este mesmo venres 17 ás 20.00 h co pregón do prestixioso sumiller Luis Paadín e a posterior inauguración virtual, que contará coas intervencións da alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández; do presidente da Confraría Cabaqueiros de Viños do Rosal, Enrique Costas; dun representante do Consello Regulador da D.O. Rías Baixas; e coa presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva. Tras este pistoletazo de saída chegará ás 22.00 h o primeiro concerto da Feira, un concerto de regueifas a cargo de Luis Correa, O Caruncho, e Benito Lobariñas.

Xa o sábado 18 será a quenda ás 20.00 h do maridaxe showcooking da man do chef Iván Méndez e dos divulgadores de viños Luis e Alejandro Paadín, evento no que colabora a Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste EuRural. O día rematará co concerto ás 22.00 h do grupo Fanfarria Takicardia.

O domingo 19 retransmitirase ás 12.00 h a cata comentada co sumiller Luis Paadín e ás 20.00 h anunciaranse as fotos gañadoras do concurso ‘Viño-Experiencia', que busca recoller en imaxes as distintas formas de vivir os viños do Rosal. O concurso estará activo tanto para participar como para votar as fotografías preferidas ata o domingo ás 19.00 h. Toda a información do concurso e como participar atópase na páxina web da Feira.

Tenda en liña aberta
Na web tamén permanece aínda aberta a tenda en liña da feira, na que todas as persoas interesadas poderán mercar aos mellores prezos con D.O. Rías Baixas subzona O Rosal das adegas Aforado, Aldea de Abaixo, Altos de Torona, Lagar de Cervera, Pedregales, Quinta Couselo, Santiago Ruiz, Terras Gauda e Valmiñor para desfrutar deles tranquilamente na casa.
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones