Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Arranca a quinta edición de ?Depoemprende- o programa da Deputación para fomentar o empredemento entre o alumnado

As bases para a nova edición, que terá lugar durante o curso escolar 2020-2021, xa están publicadas e os centros educativos poderán adherirse ata o 30 de setembro

As bases para a nova edición, que terá lugar durante o curso escolar 2020-2021, xa están publicadas e os centros educativos poderán adherirse ata o 30 de setembro

Fecha: 25 de Junio de 2020

Fuente: Deputación Pontevedra

A Deputación de Pontevedra vén de publicar as bases reguladoras da quinta edición de "DepoEmprende", o programa da institución destinado a fomentar o espírito emprendedor no marco do sistema educativo. Esta convocatoria diríxese aos centros sostidos con fondos públicos da provincia de Educación Primaria, Especial, Secundaria Obrigatoria e Formación Profesional e divídese en tres proxectos, "DepoEmprende na escola", "DepoEmprende na ESO" e "DepoEmprende na FP, co fin de adaptarse ás necesidades de cada etapa educativa.

Os centros que o desexen xa poden solicitar a súa adhesión ao programa ata o 30 de setembro, podendo participar nun ou en varios proxectos, atendendo aos requisitos de selección segundo a súa oferta educativa. A presentación de solicitudes realizarase obrigatoriamente por vía electrónica a través da sede da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal) e o proceso de selección será o de concorrencia competitiva atendendo ás características de cada proxecto.

O proxecto educativo "DepoEmprende na escola" está dirixido ao alumnado de Educación Primaria (5º ou 6º curso) e de Educación Especial e "DepoEmprende na ESO" destínase a mozos e mozas de 14 a 16 anos (3º e 4º da ESO) que estuden, preferentemente, as materias de Iniciativa á Actividade Emprendedora e Empresarial, Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional ou similares. Por outra banda, "DepoEmprende na FP" está dirixido ao alumnado de Formación Profesional de Grao Medio ou Superior que curse, preferentemente, o módulo de Empresa e Iniciativa Emprendedora ou similares. En cada un dos proxectos poderá participar un máximo de dez centros, e para potenciar a comunicación entre eles a Deputación de Pontevedra pon á súa disposición o Portal Educativo de DepoEmprende, que tamén ten como fin favorecer o acceso aos recursos formativos e didácticos e asegurar a orientación, asesoramento e titoría de forma continua.

A través destas modalidades "DepoEmprende" promove dinámicas de traballo que fomenten o emprendemento no marco do sistema educativo e impulsen que o alumnado sexa protagonista da súa propia aprendizaxe. O programa desenvolverase no curso escolar 2020-2021 cunha temporalización e metodoloxía que se adaptará ás decisións que se tomen desde as administracións públicas sobre a organización e planificación do curso escolar e a evolución da crise sanitaria derivada da COVID-19.

Amais, para o desenvolvemento eficaz de "DepoEmprende" a Deputación de Pontevedra dota aos centros participantes de formación, recursos e ferramentas. Entre estas accións destaca unha serie de formacións para o profesorado participante durante o desenvolvemento dos proxectos. A aprendizaxe será voluntaria e terá unha duración máxima de 20 horas co fin de afondar na cultura emprendedora e facilitar a posta en marcha dos proxectos nos centros educativos.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones