Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

As actividades de verán do Concello de Tomiño suman máis de 620 inscricións

O campus mixto de fútbol e o campamento urbano científico contan xa con poucas prazas dispoñibles

O campus mixto de fútbol e o campamento urbano científico contan xa con poucas prazas dispoñibles

Etiquetas del contenido

Fecha: 02 de Julio de 2022

Fuente: Concello de Tomiño

As actividades ofertadas polo Concello de Tomiño de cara ao verán  (meses de xullo, agosto, setembro e outubro) suman a día de hoxe máis de 620 inscricións por parte da mocidade e dos máis pequenos e pequenas. As disciplinas deportivas de pádel, tenis, fútbol feminino e skate xa pecharon o período de inscrición. Porén, aínda quedan prazas dispoñibles para o campus mixto de fútbol e o campamento urbano científico, ademais das restantes actividades.

Tras dous anos de pandemia, retómase o obxectivo do Concello de garantir á mocidade e aos nenos e nenas actividades de carácter lúdico, educativo e deportivo. A oferta de 451,5 horas de formación e desfrute foi recibida con éxito por parte da cidadanía, cunha gran demanda dos cursos e eventos ofertados. Entre as disciplinas máis requiridas encóntranse o campus de fútbol mixto (99 inscricións), o campamento urbano científico (97), tenis (55), piragüismo e campamento musical (ambas con 47). Así e todo, unha vintena de posibilidades compoñen a oferta (7 campus e 2 cursos deportivos, outros 4 cursos e eventos para a mocidade; 3 obradoiros e 2 campamentos).

Concretamente, ademais das xa mencionadas con prazas dispoñibles, ofértanse un campus de bádminton e de atletismo, ioga integral para nenos e nenas, un curso de fotografía, un obradoiro de vídeo mapping e de canto (Operación Triunfiño en Tomiño), un curso de iniciación ao lettering, un obradoiro de robótica, un evento de gaming e a actividade "Constrúe o teu Futuro", con metodoloxía lego® serious play®.

Para poder participar nestas actividades, todos os e as menores de idade precisarán autorización materna, paterna ou do titor/a legal.

A Concellería de Participación Infantil e Mocidade prevé bonificacións para diferentes casos; por exemplo, para os nenos e nenas empadroadas en Tomiño que sexan irmáns e participen xuntos/as na mesma actividade (bonificación a maiores de 5 euros por cada neno/a); persoas que sexan voluntarias do Concello (bonificación do 50% en todas as actividades), ou socios e socias da Agrupación Musical de Goián (bonificación do 50% no campamento musical).

Pola súa parte, as persoas que entreguen informe favorable do Departamento de Servizos Sociais do Concello terán unha bonificación do 50%, ou ben, dereito a asistir de xeito gratuíto a todas as actividades que se ofertan na campaña de deportes de 2022.

Para máis información, chamar ao 986 622 001/02/03 e/ou mandar un correo electrónico a omix@tomino.gal. As inscricións poden realizarse a través dun formulario que está dispoñible en https://tomino.gal/campus-cursos-e-obradoiros-veran-2022/

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí