Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

As alfombras florais vestirán as rúas da Guarda no fin de semana de Corpus

Programación de actividades para esta fin de semana na Guarda

Programación de actividades para esta fin de semana na Guarda

Fecha: 17 de Junio de 2017

Fuente: Concello de A Guarda

PROGRAMACIÓN DE FIN DE SEMANA

A Biblioteca pecha o ciclo de Contos Contados este fin de semana

O sábado 17 de xuño a Biblioteca Municipal terá a derradeira edición do Contos Contados da man da proposta cómica "Carmiña Miudiña, a pinga que quería ser científica". A compañía Bocaberta, achega este espectáculo dentro do ciclo de animación á lectura Ler conta moito, onde se nos presenta a historia de Carmiña, unha pinga de auga moi miudiña que habita nunha nube gris, nunha casiña en forma de botella con toda a súa familia. No día do seu aniversario a súa avoa lle agasalla un paracaídas para poder baixar ó mundo dos humanos e poder facer fantásticos experimentos. Así coñece outras pingas coma ela, visita o océano, a praia, o río, e toma apuntamentos sobre a fauna e a flora que alí habita.
A cita será na propia Biblioteca Municipal ás 11:30h. e a entrada é de balde

As alfombras florais vestirán as rúas da Guarda no fin de semana de Corpus
Os guardeses puideron comprobar como nestes días vívese unha frenética actividade nas principais rúas do centro da vila, nas bodegas nas que decenas de mulleres levan semanas traballando no desfollar de plantas e flores que o domingo vestirán as rúas da nosa localidade. Á tardiña do sábado comezarase a trazar os deseños sobre as calzadas que cubrén o percorrido dende a Praza do Reló, praza de Ignacio Sobrino, o inicio da rúa Oliva, rúa Hernán Cortés, rúa da Riveira e Concepción Arenal. A continuación os propios veciños, axudados polos máis cativos da casa irán completando estas decoracións para que na mañá do domingo tódolos guardeses e visitantes poidan apreciar o resultado final. Ás 12.30h, celebrarase a misa de Corpus na Igrexia Parroquial

E será neste fin de semana de Corpus, cando a ruta gastronómica Tapearte peche a súa edición. Os guardeses e visitantes terán este venres, sábado e domingo para completar a ruta na que 23 establecementos ofertan tapas do mais variado a un prezo de 2€, no horario establecido que vai de 12.00 a 14.00 horas y de 19.00 a 22.00 horas. Os participantes nesta ruta poden valorar a calidade das tapas puntuando entre o 1 ó 6 nos pasaportes editados para a ocasión, e ademáis poden optar a premios pola súa participación, entrando nun sorteo entre aqueles que consigan un mínimo de 7 sellos sobre o pasaporte e un regalo directo se consumiron 15 tapas diferentes.

 

 

 

 

 

 

 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones