Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

As artes de rúa conquistan a Eurocidade Tui-Valença esta fin de semana

Dende o venres ao domingo haberá 24 espectáculos nas rúas e prazas dos dous municipios

Dende o venres ao domingo haberá 24 espectáculos nas rúas e prazas dos dous municipios

Etiquetas del contenido

Fecha: 21 de Julio de 2021

Fuente: Concello de Tui

As artes de rúa conquistan esta fin de semana a Eurocidade Tui-Valença coa primeira edición do Festival Internacional de Artes de Rúa da Eurocidade Tui-Valença. Dende este venres, 23 de xullo, ao domingo 25 de xullo, haberá un total de 24 espectáculos para público familiar no Jardim Municipal, no Jardim das Amoreiras e no Governo Miitar en Valença e na praza do Concello, o Paseo da Corredoira e o Paseo Fluvial de Tui.

A presentación deste festival tivo lugar a primeira hora desta tarde na Pousa de San Teotonio en Valença polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o presidente da Cámara de Valença, Manuel Lopes, a concelleira de Cultura de Tui, Sonsoles Vicente, e o vereador de Cultura de Valença, Mario Rui Oliveira.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, afirmou que “este festival é o xerme de algo que se vai converter en moi importante nos próximos anos” engadindo que “vai marcar un antes e un despois no que é a produción de eventos na Eurocidade” e que definirá a futura axenda compartida entre os dous municipios. Salientou unha vez máis Enrique Cabaleiro o singular e único da programación conxunta de Tui e Valença. 

Concluía o rexedor tudense destacando que “van ser tres días moi intensos de actividades na rúa, encamiñados a seguir promocionando a cultura en diversos ámbitos, e que tamén vai servir para pór en valor o rico e extenso patrimonio das dúas cidades, e vai atraer ás nosas localidades a moitas persoas o que vai ser positivo para o tecido comercial e de servizo de Valença e de Tui”.

Mentres o presidente da Cámara de Valença, Manuel Lopes, salientou a estreita vinculación entre os dous municipio afirmando que “non somos quen de nos identificar sen a nosa veciña de Tui, e viceversa”. Sinalou que esa unión foi a que propiciou este desafío de levar adiante un festival de rúa para público familiar e accesible.  Un evento que “vai aportar vivacidade aos noso comercio, industria e hostalería”.

Todos coincidiron en amosar o seu agradecemento o equipo que fixo posible levar adiante este evento.

A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, amosouse orgulllosa do traballo realizado nun festival pensando para as familias do que dicía “é o primeiro cativo da Eurocidade, estamos moi orgullosos”. Amosou o seu convencemento na boa acollida  que terá esta innovadora proposta.

O vereador de Cultura de Valença, Mario Rui Oliveira, destacou que este será un dos festivais que marcarán este verán cun novo formato, con interacción con público e ao aire libre.  Será dicía “un programa mixto no que a arte e a cultura percorrerán as dúas cidades” dirixido a público familiar.

O I Festival Internacional de Artes de Rúa está organizado conxuntamente pola Cámara Municipal de Valença e o Concello de Tui estando subvencionado polo programa UNICIDADE Interreg España-Portugal.

A Eurocidade acollerá dende o venres 23 ao domingo 25 quince espectáculos e 24 funcións con aforo limitado e para as que será preciso facer reserva previa de entrada, de forma gratuíta, en www.tui.gal ou en www.visitvalenca.com dende mañá mércores ás 12 h.

Teatro, música, maxia, malabares, clown, … serán algunhas disciplinas das que o público poderá gozar na fin de semana na Eurocidade con A Gramola Gominola, Antón Coucheiro, Artenio Baruffi, BrassDass, Circo Chosco, Clown Enano, Comédias do Mimho, Daniel Gonçalves, Farra Fanfarra, Fredi&Cia, Mamá Cabra, O Pulpiño Viascón, Pajarito, Pedaçao Mau e Troula Animación.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí