Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

As artistas High Paw e Rabela rachan estereotipos no proxecto Claqueta Violeta no Rosal

Impartiron un taller dirixido ao alumnado de 3º ESO do CPI Manuel Suárez Marquier, no que falaron das súas experiencias como mulleres nun mundo machista e cheo de tópicos como o da música

Impartiron un taller dirixido ao alumnado de 3º ESO do CPI Manuel Suárez Marquier, no que falaron das súas experiencias como mulleres nun mundo machista e cheo de tópicos como o da música

Etiquetas del contenido

Fecha: 07 de Noviembre de 2020

Fuente: Concello do Rosal

A loita pola igualdade tamén chega ás batallas de galos e, de aí, as aulas do CPI Manuel Suárez Marquier. As artistas High Paw e Rabela participaron no proxecto ‘Claqueta Violeta’ posto en marcha polo Concello do Rosal en colaboración cos centros educativos para acabar coas desigualdades de xénero, facer unha chamada á acción á mocidade para que rache con roles e estereotipos e amosarlles que existen outros tipos de masculinidade alternativos aos tradicionais.

Ao abeiro do programa, as artistas impartiron un taller dirixido ao alumnado de 3º ESO do CPI, unha sesión dobre na que falaron das súas traxectorias na música e na que contaron anécdotas como mulleres nun mundo machista e cheo de tópicos de sexo binario, sobre todo no ámbito das batallas de galos. Durante a actividade, as artistas fixeron con rapaces e rapazas un taller de improvisación no que explicaron como facer unha base rítmica e no que lles ensinaron diferentes formas de rimar.

Unidos por un obxectivo común, High Paw, Rabela e o alumnado do centro improvisaron un rap a partir dunha frase machista que lle responderon á propia Rabela durante unha batalla na que participaba. A actividade rematou cunha impresionante improvisación entre as dúas artistas, agasallo final da sesión para todas as persoas presentes.

Actividades do proxecto

O proxecto ‘Claqueta Violeta’ integra varias actividades para implicar ao alumnado no eido da igualdade, buscando axudalos a desenvolverse como persoas adultas que defendan a equidade, a liberdade, a autonomía, a solidariedade e a xustiza. Unha das actividades desta iniciativa é un obradoiro de creación de curtametraxes, no que a través de 10 sesións os rapaces e rapazas crearán os seus propios filmes empregando os seus dispositivos móbiles e apoiándose en programas informáticos de edición e montaxe audiovisual cos equipos informáticos da aula de Novas Tecnoloxías do CPI.

O proxecto complementarase cunha conferencia sobre “Novas masculinidades: o papel do home na loita contra a violencia de xénero’ o vindeiro 25 de novembro, na que participarán representantes de AHIGE Euskadi, unha asociación destacada polo seu traballo a prol da construción de novas masculinidades que forma parte da rede da Asociación de Hombres por la Igualdad, presente en numerosas comunidades autónomas.

O proxecto conta cunha subvención ao abeiro do Programa de sensibilización, información e difusión sobre igualdade e prevención da violencia contra as mulleres e está cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí