Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

As autoridades sanitarias confirman ao Concello de Tui a existencia no municipio de catro casos de contaxio por Coronavirus

As catro persoas están illadas no seus domicilios.

As catro persoas están illadas no seus domicilios.

Fecha: 23 de Marzo de 2020

Fuente: Concello de Tui

As autoridades sanitarias veñen de confirmar ao concello de Tui que catro persoas veciñas do municipio deron positivo no test do Coronavirus. Estas catro persoas están illadas nos seus domicilios onde se adoptaron as pertinentes medidas de seguridade. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, quere transmitir unha mensaxe de tranquilidade á poboación e informar que o Concello ponse a disposición das autoridades sanitarias para tomar as medidas oportunas. Ao tempo, o rexedor, fai un chamamento á responsabilidade e prudencia da poboación para que continúe a respectar as medidas establecidas no Estado de Alarma. Dende a Policía Local, conxuntamente con outros corpos e forzas de seguridade coma a Garda Civil, a Policía Nacional, ou na fin de semana unha unidade da BRILAT, estableceuse un sistema de vixilancia e información á poboación lembrando que deben permanecer nos seus domicilios, salvo para facer a compra, ir á farmacia ou a un centro médico, ou pasear o can o tempo estritamente necesario nas inmediacións do seu domicilio. Até o de agora a Policía Local trasladou xa catro denuncias ante a Subdelegación do Goberno por incumprimento da obriga de quedar na casa.

Lembran dende o concello de Tui que dende a semana pasada estase a levar a cabo diariamente a desinfección de espazos públicos coma as entradas ao Centro de Saúde, farmacias, supermercados, edificio xudicial, casa do concello, instalacións da policía local... así coma os contedores nas rúas.

Na web municipal están recollida información de interese con enlaces e teléfonos de contacto.
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones