Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

AS BANDAS DE TUI E A GUARDA ACTÚAN HOXE VENRES NA PRAZA DE SAN FERNANDO DE TUI

Ás 22.30h celébrase o Festival de Bandas de Música

Fecha: 27 de Julio de 2012

Fuente: concellotui.org

Ás 22.30h celébrase o Festival de Bandas de Música
 
O son das bandas de música populares é o protagonista este venres, 27 de xullo, ás 22.30h na Praza de Fernando coa celebración do Festival de Bandas de Música. Este ano participarán a Agrupación Musical da Guarda e a Banda de Música Popular de Tui como anfitrioa.

A Agrupación Musical da Guarda creouse a finais do ano 2001 por iniciativa de pais e profesores do Conservatorio de Música e do Concello da Guarda. Actuou por vez primeira en público no Festival fin de Curso 2002-03. e fixo a súa presentación oficial o 25 de xuño de 2005 na Praza do Reló da Guarda. Dende entón ten actuado tanto na Guarda como na comarca, así como en Gondomar, Asturias, ou en Arroyo de la Encomienda. No seu haber figuran distintos premios como o 2º premio en 2009 e o 3º en 2010 no Certame Provincial de Bandas. En agosto de 2011 gravou o seu primeiro traballo discográfico. Conta tamén cunha sección infantil. Na actualidade a Agrupación Musical da Guarda está dirixida por Víctor Alonso Treinta e formada por 49 músicos xoves.

Por outra parte a Banda de Música Popular de Tui afunde as súas raíces a finais do século XIX, e tras varias vicisitudes, mantén unha actividade permanente dende a década dos oitenta. Nestas case tres décadas ten ofrecido numerosos concertos tanto en Galicia coma en Portugal, así coma en Valencia, Salmanca, Asturias, Madrid ou Bos Aires. Ten participado amais en varios programas de televisión. Esta agrupación ten tanto na Escola de Música de Tui coma no Conservatorio unha excelente canteira de músicos que integran as súas filas. Na actualidade o seu director é Adolfo Besada Álvarez e banda está integrada por 60 músicos.

En caso de choiva o Festival celebrarase no Teatro Municipal, debendo nese caso retirar as entradas, de xeito gratuíto, dende ás 22h, cun máximo de dúas entradas por persoa.

Festival de Bandas de Música
Lugar: Praza de San Fernando
Data: Venres, 27 de xullo ás 22.30h
Participan a Agrupación Musical da Guarda e a Banda de Música Popular de Tui

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones