Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

As Bibliotecas Escolares de Tui celebra on line a XI edición de Tui Le

Trátase dunha iniciativa anual que ten lugar co gallo do Día do Libro

Trátase dunha iniciativa anual que ten lugar co gallo do Día do Libro

Fecha: 23 de Abril de 2020

Fuente: Concello de Tui

"Tui Le" cambia este ano de escenario e desenvólvese en internet e nas redes sociais. As bibliotecas escolares do concello de Tui xunto coa Biblioteca Municipal tanto de Tui como de Valença tiñan previsto celebrar mañá venres, 24 de abril, a undécima edición de "Tui Le", a festa anual que arredor do Día do Libro, na Praza de San Fernando reunindo a máis dun milleiro de rapaces para festexar o libro e a lectura.

Neste ano no que a pandemia do Covid19 impide a súa realización na praza o encontro realizarase a través dos medios online xa que as bibliotecas dos centros educativos de Tui non queren deixar pasar esta data e suman ao alumando e á cidadanía á festa.

Así as bibliotecas do IES San Paio, dos CEIP nº 1 e nº 2 de Tui, os CEIP de Rebordáns e Pazos de Reis xunto ao Colexio Maristas realizaron os seus vídeos para compartir con todos los lectores tudenses celebrando asi este "Tui Le". Vídeo que esta tarde estarán accesibles nas redes sociais do Concello de Tui.

Por outra banda cómpre lembrar que a Biblioteca Municipal mantén a distribución de libros de balde a todos os lectores interesados. Dispuxéronse carros con libros na Praza de Abastos tudense para que aqueles interesados poidan coller un exemplar e gozar posteriormente coa súa lectura na casa. Os promotores solicitan aos interesados que garden as distancias de seguridade, usen luvas e non manipulen os libros para garantir unhas medidas hixiénicas mínimas. Estes carros quedarán a disposición dos interesados ata esgotar as existencias. Esta actividade é posible gracias á colaboración da concellería de Comercio e Mercado.

Con estas dúas propostas a Biblioteca Municipal e a concellería de Cultura do Concello de Tui procuran ideas para continuar traballando a prol do libro e a lectura dende o convencemento de que é unha ferramenta básica para o desenvolvemento persoal e social.
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí