Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

AS MALVELA PRESENTAN ESTE SÁBADO EN TUI ?RAIANAS-

O concerto será ás 20.30h no Teatro Municipal

Fecha: 10 de Marzo de 2012

Fuente: www.concellotui.org

O concerto será ás 20.30h no Teatro Municipal

O Teatro Municipal de Tui acolle este sábado, ás 20.30h, un concerto das Malvela que van presentar en directo o seu último traballo discográfico "Raianas". No mesmo as músicas dunha e doutra beira do Miño son as protagonistas, recollendo tanto os temas máis emblemáticos do grupo, cancións do camiño entre Galicia e Portugal, e temas novos que fan alusión ás lendas e contos desta ruta entre dous pobos.

 

Malvela está formada por a señora Carmen, Silvina, Fita, Clara, Carmiña, Carme, Lina, Maruxa, Aurita, Dina, Teresa, Merchi, Adela e Juaniña. Na parte musical estarán acompañadas por Gustavo Domínguez, acordeón; Raquel Domínguez, gaita e frautas; Pablo Ces, bombo; Anxo Pardo, tambor; Sergio Tannus, cavaquiño e voz, e Ana Senlle, percusión e dirección.

 

Nos seus directos Malvela transmite frescura, enerxía e entusiasmo, como poderemos comprobar este sábado en Tui. O concerto preséntase nunha secuencia que procura diluír as fronteiras xeográficas, temporais e culturais demostrando que temos, galegos e portugueses, unha única orixe común. Todo este legado cultural desenvolve unha viaxe ludicomusical polo repertorio máis raiano, 'Sete saias', 'Cásate, o prima', a versión de Padre Casares de 'O Pirimpimpín', e 'Voda na Raia', a que mellor representa o espíritu deste disco. Tamén se canta a alentejana 'Gota d'água' e 'Fui colher uma romã'. Magín Blanco compuxo un himno titulado 'Pola rúa de San Pedro' e Ana Senlle a 'Cantiga do Apalpador'.

 

No disco colaboran Carlos Blanco, Uxía, a poeta mosense María Magdalena, Nuria Freiría e Oli Xiráldez.

 

As entradas están á venda na web www.culturatui.info ata o sábado ás 13h ou o sábado a partir das 19h no despacho de billetes ao prezo de 4€ e 3€. 

 

Malvela en concerto

Data: Sábado 10 ás 20.30h

No Teatro Municipal de Tui

Venda de Entradas: na web www.culturatui.info ata o sábado ás 13h ou o sábado a partir das 19h no despacho de billetes

Prezo: 4€ - 3€
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones