Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

As persoas participantes no curso -Coidándo-me- recibiron formación en autocoidado ao longo de tres meses

A pasada semana tivo lugar a clausura do curso

A pasada semana tivo lugar a clausura do curso

Etiquetas del contenido

Fecha: 01 de Junio de 2022

Fuente: Concello de Tui

A semana pasada rematou o curso “Coidándo-me” que dende o mes de marzo se impartiu no Centro Sociocomunitario de Tui, organizado polo Concello de Tui en colaboración con AFAGA, Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias de Galicia.

Trátase dun programa psicoeducativo para coidadores familiares de persoas maiores dependentes. Ao longo de doce sesións as persoas participantes, recibiron información e formación sobre as diferentes patoloxías que xeran dependencia e estratexias prácticas para o coidado. Ao tempo que se fomentou o seu autocoidado. Tamén recibiron orientación sobre recursos sociais e de apoio para situación de dependencia. Beatriz Rodríguez, psicóloga xeral sanitaria de AFAGA, foi a encargada de conducir as sesións. Participaron tamén unha fisioterapeuta, unha traballadora social e unha enfermeira.

O concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diz, e o presidente de AFAGA, Carlos Rodríguez, xunto á traballadora social do Concello de Tui, Carmen González, e a directora do Centro Sociomunitario, Irene Arias, achegáronse o pasado xoves ao Centro Sociomunitario para facer a entrega dos diplomas ás persoas asistentes.

O concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diz, agradeceu o traballo realizado por todas as persoas que impartiron o curso e que o fixeron posible. Destacou que “con iniciativas coma esta queremos axudar ao eslabón máis vulnerable que son as persoas coidadoras non profesionais”, destacando a importancia do autocoidado.

No mesmo senso pronunciouse o presidente de AFAGA, Carlos Rodríguez, indicando que “a idea deste programa era abordar o papel do coidado e coma podemos axudar a autocoidarse, e como xestionar o día a día”.

O Concello de Tui leva a cabo outras actividades en colaboración con AFAGA coma o programa de estimulación de persoas con alzheimer en fases iniciais, ou o programa Cultiva a Mente que se leva a cabo nas parroquias.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí