Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

As plataformas en defensa da sanidade pública reclaman a segunda equipa de urxencias para o PAC da Guarda

Dende estas plataformas denuncian a falta de equipos completos de urxencias en A Guarda e recordan que en moitos concellos non hai persoal suficiente para atender aos pacientes que acuden ao centro de saúde

Dende estas plataformas denuncian a falta de equipos completos de urxencias en A Guarda e recordan que en moitos concellos non hai persoal suficiente para atender aos pacientes que acuden ao centro de saúde

Etiquetas del contenido

Fecha: 07 de Julio de 2022

Fuente: Plataforma en Defensa da Sanidade publica da Guarda

As Plataformas en defensa da sanidade pública de A Guarda, O Rosal e Oia reclaman á Xunta de Galicia a segunda equipa completa de urxencias para o PAC da Guarda. Demandan tamén unha ambulancia medicalizada para o Baixo Miño e aumentar as ambulancias asistencias.

Dende estas plataformas, lembran que o acontecido no mes de maio no centro de saúde do Rosal pon de manifesto a necesidade de atender estas reivindicacións, requeridas desde fai moito tempo pola veciñanza dos concellos.

As Plataformas manifestan que de non haber movementos claros por parte da Xunta de Galicia para avanzar na solución deste problema, volverán a chamar a veciñanza a mobilizarse e lembran que o hospital máis próximo está a unha hora e moitos dos fogares dos usuarios a máis de media hora do PAC da Guarda.

A presión exercida nas rúas obrigou ás autoridades da Xunta de Galicia a incrementar a dotación do persoal no Centro de Saúde da Guarda. No momento actual conta con 6 médicos dos 8 que lle corresponden. Ademais, as plataformas recalcan que houbo moitos momentos que o PAC da Guarda tivo soamente 3. "En Oia temos dúas médicas cando durante varios meses tivemos unha soa e houbo momentos en que non houbo ningún. No Rosal persiste a situación inadmisíbel dunha soa médica atendendo a todo o Concello", lembran as plataformas en defensa da sanidade pública.


Estas plataformas son plenamente conscientes de que van ter que seguir mantendo a presión para que a
Xunta de Galicia aumente as partidas para a Sanidade Pública, nomeadamente para a atención primaria, e indican que se manterán vixiantes ante o previsíbel deterioro que se poda producir este verán. "Estamos convencid@s de que a sociedade debe manter a garda alta porque baixar os brazos equivale a deteriorar aínda máis a asistencia sanitaria que merecemos", declaran.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí