Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

As Socialistas de Tomiño acusan ó Goberno Municipal dunha nefasta xestión política e económica

As socialistas definen este último mandato do bloque como a confirmación dun goberno esgotado e desgastado que tan só actúa por impulsos electoralistas e que levaron a Tomiño a unha situación económica realmente preocupante.

As socialistas definen este último mandato do bloque como a confirmación dun goberno esgotado e desgastado que tan só actúa por impulsos electoralistas e que levaron a Tomiño a unha situación económica realmente preocupante.

Etiquetas del contenido

Fecha: 03 de Octubre de 2022

Fuente: Socialistas de Tomiño

As socialistas de Tomiño, no Pleno ordinario celebrado o pasado xoves, ante unha nova modificación de crédito, consistente nun suplemento de crédito por valor de 346.223,92 euros, para poder facer fronte a partidas orzamentarias que están sendo incrementadas polo aumento dos prezos dalgunhas materias primas, criticaron a postura do goberno nacionalista ante un grave problema económico no noso Concello.

" Si ben é certo que a situación actual, a nivel mundial era difícil de prever, tamén é certo que xa no Pleno onde se aprobou o orzamento municipal, quedou constancia de que este sería un ano compricado a nivel económico. Polo tanto, e con esta coxuntura, a voceira socialista no Concello de Tomiño, Violeta de Santiago, califica de nefasta xestión , froito de decisións políticas, encadenar modificacións de crédito levadas ó Pleno para acometer obras non prioritarias cun claro afán electoralista neste ano de precampaña"

O efecto destas decisións é que na  actualidade o noso Concello teña as arcas municipais valeiras e o remanente de tesourería de máis de 2 millóns de euros fundido. Ata o punto de que pode perigar o o pago do suministro eléctrico este mes, en verbas de Intervención, algo que as socialistas califican de moi grave e pregúntanse que pasará en caso de que se produza unha  emerxencia social en Tomiño.

Esta crise afecta tamén á obra da futura biblioteca municipal, que neste momento está parada e non se descarta que a empresa adxudicataria renuncie a rematala.

O proxecto estrela do BNG na campaña electoral do 2007, e que foi presentado hai 5 anos,  que endebedou a Tomiño en 1 millón de euros máis e comprometeu fondos do programa reacpon da Deputación de Pontevedra, pode que quede nun esqueleto de puro formigón afondando no feísmo urbanístico, e o que é peor, a veciñanza sen ese esencial servizo.

Por todo isto as socialistas definen este último  mandato do bloque como a confirmación dun goberno esgotado e desgastado que tan só actúa por impulsos electoralistas e que levaron a Tomiño a unha situación económica realmente preocupante.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí