Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

As Socialistas de Tomiño esixen a retirada das manifestacións discriminatorias e desculpas públicas á veciñanza da Concelleira de Cultura

O pasado xoves día 26 celebrouse sesión plenaria en Tomiño.

O pasado xoves día 26 celebrouse sesión plenaria en Tomiño.

Etiquetas del contenido

Fecha: 03 de Noviembre de 2023

Fuente: Socialistas de Tomiño

O pasado xoves día 26 celebrouse sesión plenaria en Tomiño. Onde, entre outras cuestións, debateuse unha moción do grupo municipal socialista contra a explotación sexual e a trata de mulleres e de nenos e nenas que foi aprobada, coa abstención do grupo Popular tal como fixo no Parlamento Galego.

 

As socialistas votaron a favor tamén da moción do grupo nacionalista en defensa da sanidade pública, deixando moi claro que é insuficiente e que foi precisamente o grupo socialista quen,  hai máis de 3 anos levaron á pleno a problemática da sanidade pública no noso Concello cunha batería de medidas a tomar para previr o que está a acontecer,  daquela, o único que recibimos foi un portazo e a negativa absoluta para traballar conxuntamente para defender  a nosa sanidade pública, manifestan as socialistas.

 

Votamos a  favor da moción presentada polo PP sobre medidas de apoio ao comercio local. Recordamos que nunca aprobamos os orzamentos municipais, entre outras causas, pola partida insuficiente e ridícula de 5.000€ para o comercio local. “Parécenos incomprensible que para todo o comercio de Tomiño se destinen 5.000€, fronte aos máis de 40.000€ que recibe o mercado municipal ou mesmo os 16.000€ investidos nun estudo de viabilidade para o de Goián a día de hoxe" As socialistas móstranse contrarias a este tipo de políticas que pretenden converter en centros comerciais as prazas de abastos, discriminando o comercio de proximidade "Non sirve para moito ter unha praza con certificado de excelencia se o comercio local agoniza e morre diante dos nosos ollos".

 

Tamén prantexaron as socialistas, como ven sendo habitual, numerosas preguntas e rogos. Entre outras, a falta de zona de carga e descarga na oficina de correos de Goián ou o arranxo do camiño TOM-118 no Mosteiro, despois de 8 meses da modificación de créditos para financiar esa obra, a día de hoxe  segue sen executarse, o que, por moita burocracia que poida haber, parécenos excesivo. Afeáronlle ao goberno a falla de transparencia na comunicación aos veciños e veciñas sobre o período de alegacións á modificación puntual do PXOM, pois  a tan só unha semana de rematar o prazo  publicouse en redes sociais, o que provocou que a maioría dos propietarios non tiveran coñecemento e causou que non poideran alegar en tempo e forma.

Afearon tamén  a utilización da aplicación Liña Verde como un método de propaganda do goberno, propio doutros réximes, cando esa non é a finalidade de dita aplicación.

Expuxeron as socialistas  o malestar causado na ANPA de Tebra, coa organización das actividades extraescolares, debida a toma de decisións arbitrarias sen ningunha xustificación nin motivo aparente, o cal, provocou un agravio, unha desigualdade e a renuncia considerable de usuarias e usuarios na actividade, o que repercutiu nunha peor conciliación das familias, debido á pésima xestión deste goberno.

 

Preguntaron tamén polas bonificacións para que colectivos vulnerables poidan asistir a actos culturais que neste Concello son de pago. A contestación, propia de outros tempos, foi: "Que tamén existen actuacións gratuítas para a cidadanía que poida ter problemas económicos" O que na práctica significa: "Que si tes cartos podes gozar da cultura  en xeral, pero se non e así tes que adaptarte ao que se oferta de balde". Outra vez este goberno está  provocando desigualdades entre a veciñanza, o que é inaceptable para as socialistas que defender unha cultura universal para todos e todas, sen que ningunha situación económica supoña un obstáculo para acceder a ela. Non quedaron aí as desafortunadas palabras da Concelleira de Cultura, chegando a dicir, ante a nosa  perplexidade e incredulidade,  "que non entende por que as persoas con capacidades diferentes deban ter descontos para os actos culturais municipais "Logo destas declaracións, as e os socialistas de Tomiño, esixen a retirada das mesmas así como a petición de desculpas públicas a todas e todos os veciños". Ningún cargo público que se supón, ocupa o seu lugar   para mellorar a vida das persoas, debe facer este tipo declaracións, pois non so demostran falta de solidariedade e empatía co colectivo,  se non que ofenden ao conxunto da veciñanza de Tomiño.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí