Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

As socialistas de Tomiño mostran a súa satisfacción polos acordos plenarios que a Corporación Tomiñesa acordo no Pleno Ordinario celebrado o pasado xoves

Temos que lembrar que no ano 2007 foi prometida polos nacionalistas como o primeiro gran proxecto que ían acometer si alcanzaban a Alcaldía.

Temos que lembrar que no ano 2007 foi prometida polos nacionalistas como o primeiro gran proxecto que ían acometer si alcanzaban a Alcaldía.

Fecha: 04 de Marzo de 2020

Fuente: PSOE Tomiño

O grupo socialista presentou 3 mocións ao Pleno para o seu debate. Unha delas, respecto ao trazado PO-350-GOIÁN (VAP) Tui- A Guarda na que se propón amparar a veciñanza afectada e trasladarlle á Consellería a necesidade da reformulación do trazado neste tramo pola súa grave afección, e que foi aprobada por unanimidade. Tamén levaron unha moción sobre o recorte da Xunta de Galicia na dotación do plan Marco de Camiños Municipais no Concello de Tomiño para o bienio 2020/2021, que igualmente foi aprobada pola maioría da Corporación e por último trasladaron a moción da Central Unitaria de Traballadoras-CUT contra as políticas represivas da empresa URBASER contratada polo Concello de Tomiño e que tamén foi aprobada por unanimidade.

As socialistas tamén votaron a favor da moción presentada polo BNG na que se esixe tanto a Xunta de Galicia como ao Goberno Central finanzamento para o proxecto dunha biblioteca para Tomiño. "Votamos a favor por coherencia e porque é unha necesidade urxente, prioritaria e imprescindible dado que somos o único Concello do Baixo Miño (e Val Miñor) que carecemos deste servizo tan demandado. Temos que lembrar que no ano 2007 foi prometida polos nacionalistas como o primeiro gran proxecto que ían acometer si alcanzaban a Alcaldía. E voltaron prometela no 2011, no 2015 e no 2019. E seguimos sin ela porque este goberno prefire investir en formigón e rotondas. E non debemos esquecer que no anterior mandato 2016/2019, a Deputación de Pontevedra investiu en Tomiño cerca de 10.000.000€ con plena autonomía do goberno donde priorizar o gasto, e non destinou un só euro para este proxecto o que evidencia a falta de interese dos nacionalistas coa biblioteca.

No apartado de rogos e preguntas, a voceira socialista preguntoulle ó Concelleiro de urbanismo si o expediente N° 2341/2019 (contratación obras no proxecto de acondicionamento da contorna da praza da igrexa de Figueiró) conta coa pertinente autorización da Xunta- Servizo de Infraestruturas Agrarias (Parcelarias) ao que contestan que si. Tamén si conta coa resolución da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta pola que autoriza a realización das obras, ao que respostou afirmativamente tamén. E por último solicitou información sobre o convenio de cesión co Obispado Tui-Vigo, si este adxunta escritura e contempla o servidume que contén a praza e tamén tivo un si como resposta. Polo tanto as socialistas non comprenden que o veciño predio dominante nese servidume solicitara no mes de decembro esa documentación e a día de hoxe aínda non se lle proporcionara, tendo en conta que a obra xa está licitada aínda que paralizaron a súa adxudicación, posto que si carece da documentación sectorial pertinente, incurriría nunha ilegalidade a mesma.
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones